COHESIÓN ECONÓMICA

A Deputación asina a “Carta de Gobernanza” da Unión Europea

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, defende a necesidade de "cooperar entre as distintas administracións"

As deputacións de Ourense e Castellón son os primeiros gobernos provinciais de España en asinar a denominada “Carta de Gobernanza Multinivel en Europa”, un documento que en Galicia só asinaron a Xunta e o Parlamento e que en Europa está asinada por 165 entidades territoriais. Ten como obxectivo a cooperación entre institucións e gobernos para acadar unha maior cohesión económica, social e territorial de Europa. A “gobernanza multinivel”favorece as boas prácticas dos procesos decisorios en Europa e fomenta a creación de redes de entes locais, ademais de alentar proxectos de cooperación.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, defende a necesidade de "cooperar entre as distintas administracións". Unha alianza que favorece a dimensión internacional de Ourense, unha provincia, afirma Manuel Baltar, "que pola súa situación xeoestratéxica como centro da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e polo peso da nosa emigración en Europa debe participar destas políticas de colaboración europea, e a "Carta de Gobernanza" é un instrumento que abre expectativas e xera oportunidades".

Te puede interesar