A Deputación asina un convenio de colaboración con Facenda para a xestión catastral en 39 concellos

A institución provincial asume una serie de funcións que inclúen a tramitación dos expedientes de alteracións de orde xurídico, físico e económico relativos a bens inmobles rústicos e urbanos, ademais de encargarse entre outros traballos da asistencia ao contribuínte e notificacións 

A Deputación de Ourense colaborará co Ministerio de Hacienda na xestión catastral de 39 concellos da provincia para a tramitación de expedientes, actualizacións catastrais, atención ao público e notificacións, segundo recolle o convenio asinado no Pazo Provincial polo presidente, Manuel Baltar, e o director xeral do Catastro, Fernando de Aragón Amunárriz, e que vén de substituír ao acordo aínda vixente que data de 1999. 

Manuel Baltar enmarcou o convenio “nun contexto de máxima cooperación coa administración xeral do Estado, como estamos a facer con outros proxectos nos ámbitos turístico, termal e de emprego, e nunha especial relación de colaboración co director xeral do Catastro e o seu equipo que, logo de meses de xestións, desembocou na sinatura deste documento”. 

Con este paso, dixo, “amosamos a capacidade e a utilidade  da Deputación para prestar, con vocación de excelencia, o mellor servizo público á veciñanza, que é o obxectivo prioritario da nosa acción de goberno”, ademais de fortalecer a posición da institución provincial como concello de concellos e defensora desa visión integral de provincia que forma parte do noso ADN”. 

Coa sinatura deste convenio, a Deputación de Ourense asume una serie de funcións que inclúen a tramitación dos expedientes de alteracións de orde xurídico, físico e económico relativos a bens inmobles rústicos e urbanos, facéndose cargo da recepción de declaracións, comprobación da documentación presentada, solicitudes de baixa, formalización de requirimentos, colaboración na resolución de recursos e actualización cartográfica. 

Entre outros traballos, a Deputación de Ourense tamén se encargará da asistencia ao contribuínte e das notificacións relacionadas coa tramitación dos procedementos, ademais de poñer en marcha un servizo de recepción e atención ás incidencias e suxestións que presenten os cidadáns. 

Para as actualizacións das descricións catastrais dos inmobles e a súa visualización, o documento inclúe como novidade o uso dunha plataforma cartográfica denominada mapa de xestión, que reflectirá as alteracións detectadas e información sobre a o momento de tramitación na que se atopen. 

O acordo, que terá una duración inicial dun ano prorrogándose por períodos sucesivos ata a renuncia por algunha das partes, inclúe ademais o compromiso de desenvolver accións formativas relacionadas coas actividades de información e atención ao público, así como unhas xornadas anuais de actualización, normativa e unificación de criterios destinadas ao persoal da Deputación que se encargue dos traballos reflectidos neste convenio. Á súa vez, a institución provincial poderá utilizar os últimos avances tecnolóxicos para unha axeitado acceso aos sistemas informáticos da Dirección Xeral do Catastro, con fin de incorporar as xestións que realice.  

Te puede interesar