A Deputación financia con 100.000 euros un centro deportivo e recreativo en Abavides

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou onte achegas por importe de 200.000 euros destinadas a instalacións deportivas e á realización de actividades lúdicas, deportivas, culturais e académicas. O concello de Trasmirás, concretamente, recibirá 100.000 euros para financiar unha instalación deportiva, recreativa e lúdica en Abavides. Asemade, a Fundación Festa da Istoria recibirá unha subvención de 15.000 euros para a organización da XX edición da Festa da Istoria.
Por outra banda, o Clube Ciclista Ourensán recibirá 6.000 euros como patrocinio do Día da Bici, que este ano cumpre a XXV edición. Esta actividade ciclista, que cada ano concentra a miles de cidadáns ao redor da bicicleta, comezou no ano 1985 e tense convertido nunha das manifestacións lúdico-deportivas con maior participación popular das que se celebran en Ourense.

Finalmente, a xunta de goberno aprobou a contribución da Deputación ao consorcio do Centro Asociado da UNED de Ourense, para que lle sexa aboada a achega correspondente ao segundo semestre de 2009, por un importe de 89.003 euros.




Te puede interesar