A Deputación de Ourense abre un museo no Pazo Provincial

Luis Menor, Leandro Sánchez e Francisco González.
photo_camera Luis Menor, Leandro Sánchez e Francisco González.
A Deputación de Ourense habilita un espazo no corredor do primeiro andar que terá tres mostras ao ano

A Deputación de Ourense vén de abrir un novo espazo expositivo no Pazo Provincial, habilitando o corredor do primeiro andar para dar a coñecer o traballo creativo de artistas afincados na provincia. A exposición “Pinturas Diversas” de Leandro Sánchez é a primeira mostra que ocupa esta nova zona de exposicións, que acolle a través de 40 obras unha mostra da evolución artística do pintor durante os máis de vinte anos que reside en Ourense.  Leandro Sánchez (Palma de Mallorca, 1946) é un artista, pintor e restaurador asentado desde hai anos en Ourense.

O presidente provincial, Luis Menor; o director do Centro Cultural Marcos Valcárcel, Francisco González, e o autor de “Pinturas diversas” visitaron esta mostra, que Menor cualificou “de extraordinaria oportunidade para poñer en valor o Pazo Provincial como un novo espazo expositivo centrado nos artistas afincados na provincia”. Precisamente, Leandro afirmou que se trata “dunha gran iniciativa cultural para promover aos artistas ourensáns e aos que vivimos aquí aínda que non sexamos ourensán para que tanto os traballadores desta institución como a xente que a visita poida contemplar as obras de artistas coma min”. 

 “Pinturas diversas” estará exposta ao redor de catro meses ao longo de toda a primeira planta do Pazo Provincial, e o obxectivo é, como dixo Francisco González, expoñer ao redor de tres mostras diferentes durante o ano.

Te puede interesar