Detido un veciño de Ourense por un incendio forestal en Leiro causado por unha neglixencia nunha queima

A Policía Autonómica detivo un veciño de Ourense como presunto autor dun incendio forestal rexistrado no municipio de Leiro como consecuencia dunha neglixencia ao efectuar unha queima, sen tomar as pertinentes medidas de seguridade.
O incendio que se lle imputa a esta veciño de Ourense tivo lugar o pasado venres 7 de xuño na parroquia de Santa María de Lama, en Leiro, e afectou a unha superficie de 8.000 metros cadrados de monte arboredo.

Segundo informa a Consellería de Presidencia, a 'rápida actuación' dos Servizos de Extinción de Incendios da Xunta permitiron que as lapas non se propagasen máis, 'tendo en conta que ese día houbo fortes momentos de vento' na zona'.

Por estes feitos instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 1 de Ribadavia (Ourense).

No que vai de ano, a Policía Autonómica detivo 51 persoas como presuntas autoras de incendios forestais na Comunidade galega.

Te puede interesar