Doazón de Buciños para a Fundación Otero Pedrayo

undefined

O escultor Manuel Buciños decidiu realizar unha doazón á Fundación Otero Pedrayo dunha das obras que ten do “Patriarca das Letras Galegas”, que preside a praza do Correxidor de Ourense. O artista entregou onte ó presidente da fundación, Eduardo López Pereira, a obra na Casa de Cima de Vila de Trasalba, onde está o museo adicado a Otero Pedrayo.

López Pereira, emocionado, prometeu gardalo con especial agarimo nas instalacións, sumándose así a outros tantos obxectos de valor que protexe a Fundación Otero Pedrayo.

O artista garda na súa casa 50 esculturas que foron bocetos das que logo adornan moitas prazas en diversas vilas e cidades, pequenas creacións que o miran a el traballando. Esa dedicación valeulle o recoñecemento e a edición 2020 do Premio Trasalba, que recolleu o pasado mes de abril.

Te puede interesar