A iniciativa conta con 28 participantes de cinco países europeos

Encontro xuvenil de arte e tecnoloxía en Ribadavia

Os catro formadores xunto a Manuel Araujo, Martínez, Selas e Pilar Fernández, na presentación. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
Un total de 28 mozos, entre 18 e 35 anos de idade, participan no curso Electronic Arts EAIT 2013 que comezaba este pasado luns e que se prolonga ata o 27 de abril, organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Ribadavia, financiado pola Unión Europea a través do programa Xuventude en Acción e as suas iniciativas xuvenís e cofinanciado pola Xunta de Galicia e pola Mancomunidade do Ribeiro. Proceden de países europeos como Eslovenia, Holanda, Italia, Estonia e España, e desenvolven a actividade na aula de novas tecnoloxías que ten a Mancomunidade en Beade.
O longo das seis xornadas de encontro xuvenil do audiovisual participan en catro talleres para a utilización das tecnoloxías nas creacións artísticas, centrándose fundamentalmente na música para actuacións en directo, documentais ou vídeos, entroutros.

Os formadores son expertos relacionados con diversas empresas do audiovisual e discográficas. O curso 'pretende demostrar que a expresión artística e utilizar tendencias audiovisuais emerxentes, pode ser unha boa forma de concienciación social e educación en valores e unha boa ferramenta para quenes traballan no sector da xuventude e en organizacións xuvenís', sinalou o responsable deste proxecto europeo, Manuel Araujo. Ademáis, engade que 'tentamos a través do curso de formación potenciar a empregabilidade e a auto-xestión de proxectos audiovisuais, a través do intercambio de fontes de financiamento e coñecementos de autoxestión nesta área'. Representantes da Xunta puntualizaban que 'a expresión artística e o emprego das últimas tendencias audiovisuais poden ser unha boa ferramenta para os que traballan no sector da xuventude'.

A experiencia concluirá o próximo día 27, ás 23,00 horas, no Castelo dos Sarmiento de Ribadavia, con un espectáculo audiovisual, que inclúe un documental relativo ó traballo desenvolvido, entre outras actividades, que son de entrada libre.

Te puede interesar