Os encontros para a difusión oral do galego inícianse o vindeiro sábado no Carballiño

O programa ’Encontros dos Axóuxeres’ impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta desenvolveranse ó longo deste mes de Nadal nas localidades do Carballiño (Ourense), O Milladoiro (A Coruña) e Salvaterra e Illa de Arousa, en Pontevedra. Istes encontros están concebidos como unha xuntanza musical en espazos pequenos e cun formato adaptado ós seus destinatarios, nenos e nenas menores de tres anos.
Nesta actividade, as familias reciben tamén cantigas tradicionais e xogos de iniciación que se inclúen na denominada ’Xeración E Logo!’, e que consiste na entrega a tódalas mulleres preñadas dun maletín con distintas propostas para impulsar a transmisión familiar do galego.

Mercedes Peón e Guadi Galego serán as encargadas de poñer a voz e a música a esta iniciativa, que se porá en marcha o vindeiro sábado día 15 no Carballiño. A primeira artista tamén actuará o día 20 en Salvaterra e o 23 na Illa de Arousa. Pola súa banda, Guadi Galego estará o día 22 na localidade de O Milladoiro, no municipio de Ames.


Te puede interesar