Entroido 2022

Entroido de Ourense 2022: datas e xornadas máis importantes

OURENSE (PRAZA MAIOR-RÚA DAS TENDAS). 02/03/2019. OURENSE. Sábado de entroido en Ourense con la charanga PerQtores. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera ÓSCAR PINAL
As actividades prolongaranse ata o mércores 2 de marzo onde a animación nas rúas será a nota destacada

O Entroido xa está aquí a volta da esquina. Esta é unha das celebración más importantes da cidade e da provincia. Tras o parón pola situación sanitaria o ano pasado, este ano o Entroido recupera parte da súa actividade. O concello de Ourense pode presumir de moita diversidade na súa celebración grazas ós entroidos de Seixalvo, As Eiroás e A Ponte que completan unha semana de moita actividade que se extenderá desde o 24 de febreiro ata o 2 de marzo.

No centro da cidade catro grandes carpas servirán como centros neurálxicos da festa na cidade, situadas na Praza Maior (de 700 metros cadrados nunha estrutura en forma de cúpula), Bispo Cesáreo, diante de Correos, onde estarán as orquestras, a Praza de Santa Eufemia (con charangas e DJ) e Praza do Correxidor (onde actuarán DJ´s). Da animación encargaranse un total de 25 charangas, e a música estará tamén presente coa actuación de catro grandes orquestas. Para a cativada prográmanse tamén festas infantís e un desfile escolar, que se desenvolverá o venres, 24. E como todos os anos, a grande cita será o Desfile do Entroido, que percorrerá as rúas da cidade o domingo, 27 de febreiro.

PROGRAMA

-Xoves, 24 de febreiro: Animación na rúa con Trópico de grelos, Latexo percusión, BrassicaRapa e Somdolilá.

-Venres, 25 de febreiro: Ás 11,30 horas, II Desfile Escolar de Entroido, Homenaxe Á Pita de Eiroás e as 20,00 horas, animación con entroidos tradicionais e ás 00,30 horas, actuación de Festicultores Troupe.

-Sábado, 26 de febreiro: Ás 12,30 horas haberá animación de rúa coas charangas Castro Bello e Os Caliqueños. A partir das 17,30 horas haberá una Festa Infantil na Praza Maior. As rúas da cidade estarán marcadas por animación musical durante toda a tarde. A xornada culminará coa actuación da Orquesta Funçao Pública na Rúa Progreso as 23,59 horas.

-Domingo, 27 de febreiro: A actividade central será o desfile de comparsas e carrozas a partir das 17,00 horas. O percorrido comezará en As Lagoas e seguirá por rúa Curros Enríquez, rúa Xoán XXIII e rúa Progreso. Ao finalizar o percorrido comenzará a actuación da orquesta Marbella ás 19,00 horas e ás 20,00 horas a entrega de premios do concurso de comparsas e carrozas.

-Luns, 28 de febreiro: Haberá unha festa infantil ás 17,30 horas na Praza Maior e durante toda a xornada repetiranse as actuacións das charangas polas rúas.

-Martes, 1 de marzo: Además da animación polas rúas con charangas Lou band e Nova Terrra de Trives, haberá unha actuación coa orquesta Grupo Assia.

-Mércores, 2 de marzo: Concentración na Praza Maior, as carpideiras acompañarán a Sardiña ao longo do percorrido, o cortexo fúnebre irá amenizado pola charanga Nova Terra de Trives O percorrido comeza na Praza Maior e discurre po Lamas Carvajal, Paseo, Parque de San Lázaro, Sto Domingo, Lepanto, Xoán de Austria, praza de Santa Eufemia, Lamas Carvajal e remate na Praza Maior coa queima da Sardiña.

A participación no Concurso de Comparsas e carrozas está aberta a todas as asociacións veciñais, culturais, xuvenís, grupos, colexios, etc, que o desexen. A inscrición será a través do Rexistro Xeral do Concello, utilizando os modelos de inscrición que se poden obter na páxina web do Concello ou na Concellería de Artes e Festexos. No caso de asociacións ou entidades a inscrición farase a través de sede electrónica. O prazo improrrogable de inscricións de carrozas e comparsas remata o martes 22 de febreiro ás 14,00 horas.

Te puede interesar