A Escola de gaitas de Bande ofertará canto e pandeireta

Alumnos da Escola de gaitas de Bande no presente curso.
O Concello de Bande pon en marcha unha nova etapa da Escola de Gaitas en colaboración coa Escola Provincial de Gaitas de Ourense, dependente da Deputación Provincial. Aparte do ensino de gaita e percusión (a partir de 6 anos), vanse impartir clases de canto e pandeireta (a partir de 4 anos).
Cristina Pumar Rico e Marco Foxo serán os profesores ao fronte desta nova etapa da Escola de gaitas. As clases serán gratuítas, os sábados, a partir do día 2 de febreiro, na Casa do Concello, en horario de 12,00 a 13,30 horas.

Te puede interesar