UNIVERSIDAD

Exalumnado da titulación de Aeroespacial volve ao Campus

Encontro de exalumnos, onte (foto: Xesús Fariñas)
photo_camera Encontro de exalumnos, onte (foto: Xesús Fariñas)
Talentos forxados na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do Campus de Ourense regresaron para relatar as súas traxectorias profesionais e o traballo que actualmente levan a cabo en diferentes entidades

Foi con motivo do Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados, que se conmemorou onte, que a Escola e a Delegación de Estudantado organizaron o I Foro Alumni.

Participaron Ángela Medín, enxeñeira de Sistemas Espaciais en Alén Space (GMV); Alejandro Sanz, enxeñeiro de Deseño en Mercedes-AMG Petronas Fórmula 1; Cristina García, enxeñeira de Cálculo en Aernnova Aerospace; Adrián Ferreiro, enxeñeiro Térmico Espacial en Sener Aeroespacial, e Uxía García, investigadora de AtlanTTic, na UVigo.

A directora da Escola, Nieves Lorenzo, destacou o “orgullo” de ver as promocións desenvolverse profesionalmente.

Te puede interesar