Expertos do audiovisual, no xurado do OUFF Escola

O xurado do III OUFF Escola, o certame audiovisual para escolares, reuniuse na sede do Festival de Cine Internacional de Ourense para dilucidar os gañadores da edición deste ano, pero os gañadores non se colecerán ata a gala final do OUFF Escola, o vindeiro 17 de outubro no marco da nueva edición, que fai o número 16, do Festival.
Si se sabe a identidade dos integrantes da comisión que decidiu os premios, que son Manoli Maseda, coordinadora dos equipos de normalización lingüística de Ourense; Gregorio fente, representante da Secretaría xeral de Política Lingüística; Valentín Barreiros, experto audiovisual e director de cine; Paz Villar, coordinadora do programa da Concellería de Sanidade do Concello de Ourense 'Cine e saúde'; e Tomás Lijó, profesor de producción de audiovisuais en A Farixa.

Canda o xurado, estivo como secretaria a técnica de Normalización do Concello de Ourense, Mónica Fernández, sendo a presidenta do xurado a concelleira de Cultura e presidenta do Consorcio, Isabel Pérez, tenente de alcalde.

O único premio que queda por decidir é o do público, sin dotación económica, para o que haberá que agardar até o 5 de outubro, cando remata o prazo das votacións on line na páxima web do OUFF.

Te puede interesar