ACTIVIDADES DE VERÁN

Explora Ourense, co obxetivo de dar a coñecer o medio natural ourensán aos máis pequenos

O Complexo do Corgo acollerá no mes de agosto un campamento no que os rapaces e rapazas entre 9 e 14 anos poidan coñecer o medio natural da provincia

Este venres tivo lugar a presentación do campamento Explora Ourense que terá lugar os primeiros quince días do mes de agosto no Complexo do Corgo (Muíños). Esta actividade está dirixida para nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 14 anos e para poder participar nel hai que abonar 88 euros de inscripción. 

O campamento acollerá entre o 1 e o 7 de agosto aos rapaces e rapazas entre 9 e 11 anos, e dende o 8 ao 14 de agosto para os que teñen dende 9 a 11 anos. 

Sobre o campamento, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, asegurou que Muíños "é un bo exemplo do que pode representar a provincia de Ourense dende o panorama natural". Explica ademáis que terá actividades para que os máis pequenos e futuras xeracións de ourensáns comprendan "que teñen o deber de coñecer o seu medio natural". 

Te puede interesar