Falece un home tras caer dunha segadora na Veiga

Un home de 58 anos de idade faleceu na noite deste domingo tras sufrir un accidente cunha segadora no termo municipal da Veiga (Ourense).
Os feitos tiveron lugar sobre as 20.00 horas do domingo no lugar e parroquia de Candeda, na estrada de Veiga a Prada, ao caer dunha máquina de segar o home, segundo datos facilitados polo 112.

Foron mobilizados a Guardia Civil, Protección Civil e o 061, que enviou un helicóptero, unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do centro de saúde do Bolo.

O paciente, A.R.S., de 58 anos de idade, foi atendeu no lugar, onde faleceu, segundo sinalaron fontes sanitarias.

Te puede interesar