TRÁFICO / OURENSE

Ferida unha muller nunha saída de vía en Vilamarín

O sinistro tivo lugar sobre as 9,37 horas na estrada vella de Vilamarín a Ourense

Unha muller resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado debido a unha saída de vía acontecida na mañá deste xoves no termo municipal de Vilamarín.

O sinistro tivo lugar sobre as 9,37 horas na estrada vella de Vilamarín a Ourense, segundo datos facilitados polo 112 Galicia.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que levou á muller ferida, duns 48 anos, ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), segundo indicaron fontes sanitarias.

Te puede interesar