Ferida unha persoa ao chocar un vehículo contra un muro na circunvalación en Ourense

Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado este martes chocar contra un muro un vehículo na circunvalación de Ourense.
Segundo os datos facilitados polo 112, o sinistro tivo lugar sobre as 13.15 horas no quilómetro 234 da N-525 na circunvalación de Ourense dirección Madrid.

Ao lugar desprazouse unha ambulancia asistencial do 061 que, segundo sinalaron fontes sanitarias, trasladou á persoa ferida ao Hospital Cristal.

Te puede interesar