TRÁFICO

Ferida en Ribadavia tras unha colisión entre dous vehículos

A colisión ocorreu na calle Progreso da vila, sobre as 13,15 horas

Catro persoas resultaron feridas en tres colisións rexistradas este martes nos municipios de Curtis (A Coruña), Vigo e Ribadavia (Ourense).

O primeiro dos sinistros tivo lugar sobre as 11,45 horas na estrada N-634 ao seu paso por Curtis, segundo datos facilitados polo 112.

Ao lugar acudiu unha ambulancia asistencial do 061 que levou a dúas persoas feridas ao Hospital San Rafael, segundo sinalaron fontes sanitarias.

Sobre as 12,15 horas aconteceu outra colisión con dous coches implicados na zona de Castrelos na cidade olívica, que se saldou cun varón ferido trasladado en ambulancia ao hospital Castro Perpetuo Socorro.

Mentres, sobre as 13,15 horas sucedeu unha colisión de dous vehículos na rúa Progreso na localidade de Ribadavia, na que resultou ferida unha muller.

Ademais, sobre as 13,00 horas rexistrouse outro accidente con tres coches implicados na rotonda de Vilariño, na entrada da localidade de Cambados (Pontevedra), no que resultou ferido un home, que foi atendido por unha ambulancia do 061.

Te puede interesar