Ferido grave un home nun choque por alcance entre un coche e un camión rexistrado en Piñor (Ourense)

Un home de 38 anos resultou ferido grave este martes nunha colisión por alcance entre un coche e un camión rexistrada no concello ourensano de Piñor.
Segundo informou a Garda Civil de Tráfico, a colisión entre os dous vehículos produciuse ás 15.30 horas no quilómetro 67 da AG-53, á altura do municipio ourensano.

O condutor do turismo, que circulaba sentido Barbantes e é veciño de Ourense, resultou ferido grave. Pola súa banda, o condutor do caminón, de 43 anos e veciño de Vigo, que tamén circulaba dirección Barbantes, saíu ileso.

Te puede interesar