Fernando Dacosta: "Será a primeira vez en 18 anos que a Moti non teña desfile de rúa"

Fernando Dacosta, onte na estrea da Moti. José Paz
photo_camera Fernando Dacosta, onte na estrea da Moti. José Paz
O director da Mostra de Teatro Infantil de Ourense, que arrancou onte na cidade, fai balance despois da falta de apoio de Jácome

Fernando Dacosta, de Sarabela Teatro, é o director da Mostra de Teatro Infantil de Ourense que arrancou onte na cidade, sen o clásico desfile de rúa pola falta de apoio do goberno de Jácome. 

Foi a edición máis difícil de levar a cabo?

Pensabamos que a do 2020 ía ser máis difícil e non, foi esta. Únese a pandemia ás dificultades que estamos tendo co Concello. Ten que ver coa promoción e coas posibilidades que da que un Concello esté a favor. Está sendo dificultoso, pero ao mesmo tempo con enerxía.

As trabas van máis aló da falta de financiación?

Si, o feito de que Jácome esté continuamente atacando dificulta. Non podemos dispoñer dos espazos do Concello para espectáculos.

Van ser menos obras nesta edición. Mesma calidade?

Si, pretendese manter a calidade e a diversidade de xéneros. E que esas obras transmitan uns valores para que os cativos gocen e tamén aprendan.

Que significa a Moti para as compañías?

É a máis grande de Galicia, empregábanse moitos espazos da cidade. Seguimos na rúa, pero con menos presenza. Por falta de apoio non se puido facer o desfile inaugural que levamos 17 anos facendo. Vémonos máis en pequeno, pero é un novo comenzo. Resistencia.

Que é a Moti para a cidade?

Un espertar. É a conclusión do ciclo cultural da cidade que está transformado hai dous anos pola situación sanitaria e  polo ataque a cultura do rexedor. Ao tempo é un comezo, os primeiros contactos dos cativos coas artes escénicas.

A Miteu é a seguinte no ciclo. Con estas circunstancias… 

Será do 2 ao 16 de maio e teremos que replantexar como facelo. Todas esas compañías que viñan de países tan afastados sen os mínimos medios económicos é moi difícil levalo a cabo. Non imos chegar a tantas representacións coma antes. É duro, despois de 27 anos.

Vai tomar medidas contra Jácome por atacalo en redes?

Estou asesorándome porque non é tan fácil. Hoxe calquera pode dicir cousas en redes. Hai as figuras de calumnia e inxuria, quero ver como podo levalo a cabo. A miña intención é esa, atopar a base legal. 

Te puede interesar