Fernando Iglesias: "As leiteiras saían cara a cidade co leite ás costas ás cinco da mañá"

Fernando Iglesias posa coa súa obra.
photo_camera Fernando Iglesias posa coa súa obra.
Iglesias compaxina o seu labor como celador no CHUO coa escritura. “Vilariño, memorias  dunha  bágoa” é a súa última obra

Fernando Iglesias compaxina o seu labor como celador no CHUO coa escritura. Vén de publicar un libro sobre a historia da súa parroquia, Santa Cristina de Vilariño, pertencente a Pereiro de Aguiar. A obra, titulada como “Vilariño, memorias  dunha  bágoa”, baséase nas memorias dunha trintena de veciños con entre 70 e 94 anos.  También incluyó poesías, en homenaxe ás historias de vida dos seus paisanos, “como a da muller que foi a única  entre varias irmás que quedou sen ir á escola. O seu lapis era a vara coa que guiaba o gando”, recuerda entre metáforas.

Por que este título?

Por estes trinta velliños que comezaron a relatarme as súas memorias sorrindo, pero houbo intres nos que as lembranzas lles fixeron parar, emocionarse e chorar. 

En que aspectos se centra a súa obra?

Nos diferentes pobos da parroquia, a súa historia deportiva, as súas lendas, o patrimonio... Tamén nos seus oficios tradicionais, coma os muiñeiros que acudían a moer o gran desde os pobos dos arredores, a un lado e outro do río. E as leiteiras, que camiñaban desde as cinco e media da mañá coa leite á cabeza para vendela na Praza de Abastos  ou polas casas de Ourense. E, de volta, levaban para a casa xurelos, polbo (que era do máis barato) e bacallau. Tamén facían camiño as rianxeiras, cargando con cestas  de vergas ata a cidade. Traían a Ourense nabizas, chícharos, patacas… Antes de vender o seu produto tiñan que pagar impostos en función da cantidade, así que escondían parte da súa mercancía baixo a cesta. 

Cal era a festa máis sonada?

A da patroa, o 24 de xullo. Na época dos 30 aos 50, a xente pasaba moita fame. Só naquela data era diferente o seu xantar. En Vilariño había un barqueiro que se adicaba a levar xente dun lado ao outro do río, cando viña moita gente a “pasar a troula” os domingos, e a parroquia chegou a ter medio milleiro de habitantes. Un ano, houbo tal crecida que se afogou o fillo do barqueiro. A auga chegaría, en Ourense, ata a capela de Os Remedios. 

E no que respecta aos deportes?

Relato a historia do Club Atlético Vilariño, fundado no 45. Os propios veciños mercaron terreos para facer o campo. As primeiras camisetas que tiveron foran o agasallo dun emigrado en Arxentina, e tiñan as cores do Boca. Algo despois, foi a este país outro veciño de Velle, e o seu equipo levaba as cores do River Plate. En Ourense había un “derbi” arxentino.

Tamén referiuse aos seus penedos.

Coma o que reza “Sicenata Pacata”. Pénsase que alí houbo un asentamento castrexo, e os romanos “pacificaron” a zona. Existe unha lenda que defende a existencia na zona de túneles subterráneos protexidos por mouros.  Tamén está o Penedo das Bruxas, cun oco por dentro no que cabe unha persoa. Os veciños dicían que as bruxas se metían nel. E o do Maquis, onde un veciño estivo agochado durante a  guerra e a súa dona leváballe de comer cada día.

Te puede interesar