PSOE | DEPUTACIÓN

Francisco Fraga: "Queremos estar á altura da institución e da cidadanía"

O novo voceiro tivo este luns unha reunión "de cortesía" co presidente da Deputación, Manuel Baltar, e que esta substitución "era un cambio necesario"

O novo voceiro do PSOE na Deputación de Ourense, Francisco Fraga, compareceu en rolda de prensa acompañado pola deputada Susana Rodríguez para explicar o acontecido nos últimos días. Asegurou que "comeza un tempo novo, cunha adicación completa á Deputación" e na que se multiplicará "a presenza no organismo para controlar e fiscalizar a actividade que alí se fai". 

O novo voceiro non quixo entrar a valorar se Ignacio Gómez era máis ou menos duro con Baltar, só que "era necesario un cambio". Tamén explicou que hoxe tivo a primeira reunión con Baltar, que calificou como "de cortesía". Contou que non falou con Ignacio Gómez e que dende este mércores xa exercerá como voceiro dos socialistas. "Queremos estar á a altura da institución e da cidadanía", insistiu Fraga. 

Te puede interesar