Gómez pide unha "executiva provincial" antes de aceptar a decisión do PSOE de relevalo como voceiro

Ignacio Gómez afirmou que unicamente acatará a decisión do PSOE de deixar de ser o voceiro dos socialistas na Deputación se é "a través dos mecanismos democráticos do partido"

O ex voceiro do PSOE na Deputación, Ignacio Gómez, tamén compareceu en rolda de prensa esta mañá. Durante ela pediu que se convocara unha executiva provincial xa que para aceptar esta decisión ten que tomarse "a través dos mecanismos democráticos e iso é como mínimo unha executiva provincial".  

Gomén tamén anunciou que non vai acatar esta decisión porque considera que "é lamentable que catro señores, amparados por outros dous ou tres, den este espectáculo lamentable. Explica que "non é unha cuestión do meu sillón" xa que asegura o entregará sempre que a decisión teña lugar "a tavés dos mecanismo democráticos". O ex voceiro insistiu en que conta co apoio da maioría dos alcaldes da provincia e que este mandato "é o da miña xente, da que me respalda que é a inmensa maioría".

Sen efectos xurídicos

Dende o propio partido aseguran que o escrito presentado polo ex voceiro non ten efectos xuridícos.  

Te puede interesar