Gumersindo Lamas Alvar: “Debería haber máis visión de comarca'

Gumersindo Lamas
Logrou a Alcaldía de Sarreaus en 1991, sendo un chaval, 26 anos, e dende entón mantense no sillón, que trasladou fai sete anos a unha Consistorial amplia, cómoda, na que entra a luz natural por todos os lados. Ten toda unha planta de arquivo. Como xoven, tentou levar a cabo as súas ideas poñendo en marcha entón proxectos novedosos e que outros copiaron máis tarde, entre eles a recuperación do Entroido, coa súa máscara de Vergalleiro; a rehabilitación do pobo valeiro de Couso e o aproveitamento dos montes para biomasa. Este último proxecto non fructificou.
É duro ser alcalde dun concello pequeno nestes tempos de crise?
Si, moi duro. Tentamos manter o día a día. Temos un concello saneado, non temos débedas e esto nos permite poder facer algunhas obras, sair adiante. Non nos fixo falla facer ningún plan de axuste porque non temos débeda e estamos pagando puntualmente.

Non ó contrario. No tema de servizos sociais incrementamos as axudas con respecto o ano pasado. A atención ós veciños necesitados está funcionando moi ben, é unha das nosas prioridades. De momento estamos mantendo tódolos servicios básicos, seguro que con algúns pequenos problemas, pero atendendo á poboación.

Si, é un problema, como noutros municipios do rural. Temos Xinzo o carón, pero hai moi pouca visión de comarca, moito localismo. Antes aínda tiñamos unha mancomunidade de municipios, pero disolveuse por cousas que non veñen ó caso e agora cada ún presta os servizos pola súa conta. Se a comarca funcionara, creo que poderíamos prestar moitos máis servizos e habería xente que se quedaría a vivir en Sarreaus, Trasmiras ou Sandiás. Somos once concellos e o que non ten sentido é que nos pelexemos por ter cada ún o seu parque empresarial ou por atraer unha empresa.

Creo que eso é complicado, aínda que un concello pequeno por si solo pode facer moi pouco, pero como dixen antes creo máis na comarca. Se funcionaramos como comarca podíanse facer moitas cousas.

Xinzo tiña que ser o motor da comarca, tirar da economía, pero se non o fai, nós non podemos facer nada.

Estamos ben situados, temos parte da antiga Lagoa de Antela, onde chegamos a dispoñer de terrreo industrial, creando 15 postos de traballo. Temos Camiño de Santiago, monumentos históricos, zonas naturais. Incluso temos un arzobispo ó lado do Papa que nos fai de embaixador polo mundo adiante, gratis, como é José Rodríguez Carballo.

O proxecto era moi bo pero non saiu adiante. Quizáis non o soupemos explicar ás comunidades de montes. Eran outros tempos, xa fai 20 anos, e daquela aínda non se falaba de biomasa. Polo menos, quedáronnos as repoboacións.

Precisamos industrias para que a xente xoven teña traballo. A relación coas administracións é cordial, pero non recibimos ningún trato especial.

O maior logro


“Sarreaus foi pionero en turismo rural”
O Concello de Sarreaus foi pioneiro no turismo rural ca recuperación do pobo abandoado de Couso a principios dos anos 90. 'Foi un proxecto moi costoso, pero hoxe o pobo ten todolos servicios básicos, é un referente dentro do turismo rural en Ourense. Foi un gran logro'.

A asignatura pendente


Unha residencia para a terceira idade
Gumersindo Lamas traballa na actualidade para lograr unha residencia da terceira idade que funcione tamén como centro de día. 'É un proxecto moi necesario, un dos máis importantes porque os veciños teñen que recurrir ós servicios que prestan noutros municipios', asegura.

En privado


“Un bo cocido galego, ese é o mellor prato”
Unha afición?
O fútbol, son un apaixoado do balón e aínda xogo de vez en cando na equipa de veteranos. Son bastante deportista.

Cal é o seu prato favorito?
Un bo cocido galego, creo que ese é o meu mellor prato.

E en música, que lle gusta?
Todo o de Joaquín Sabina, é un dos meus preferidos.

O mellor momento do día?
O chegar a noite co regreso a casa e estar coa familia. Eses son os mellores momentos.

É moi detallista?
Recoñezo que non moito. De vez en cando regalo algunha cousa, aínda que non lembro cando foi. Neste aspecto, creo que non me porto moi ben.

Le moito. Que tipo de literatura lle gusta?
Últimamente non leo moito por falla de tempo. De vez en cando collo un libro. Gústame moito todo o que sexa novela histórica e os clásicos.

Te puede interesar