CONMEMORACIÓN

Homenaxe á poesía, á auga e ás árbores na Insua dos Poetas

No acto participaron escolares de varios centros educativos, que recitaron a Rosalía e Pondal

A Insua dos Poetas, situada na localidade de Esgueva, en Carballiño, acolleu onte o acto conmemorativo do Día da Auga, Día da Árbore e o Día da Poesía, organizado pola Fundación “Insua dos Poetas”, coa colaboración do Concello do Carballiño, a Deputación de Ourense e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Para elo, contouse coa participación dun grupo de escolares de distintos centros educativos, que ademais de recitar a clásicos como Rosalía de Castro ou Eduardo Pondal, tamén procederon a prantar árbores neste fermoso paraxe no que se combina a natureza e o arte, coa exposición de esculturas de renombrados artistas.

A introdución correu a cargo de Xabier Castro Martínez, secretario da Fundación "Insua dos Poetas",

que se encargou de leer a declaración de Irina Bokova, directora Xeral da Unesco, en relación coa celebración do Día Mundial da Poesía, lembrando que "hai xente que o está pasando mal porque non ten liberdade de expresión" e invitando despois ós rapaces a "reutilizar, reducir e reciclar" con motivo desta conmemoración das tres efemérides.

O escritor Luis González Tosar, presidente da Fundación "Insua dos Poetas" e impulsor deste espazo aberto ós creadores e veciños en xeral, agradeceu a presencia dos asistentes, manifestando que "este é un espazo libre, aberto, común e plural no que todo o mundo pode e debe participar". Nese senso González Tosar dirixiuse diretamente ós ecolares, sinalando que "vos sodes o futuro que pasa pola conservación da natureza e pola literatura como expresión da liberdade humana".

PROVINCIA

Por outra banda, referíase o escritor a que "Ourense é máis grande ca unha provincia, é o que queren ser os ourensáns", aportando tamén a súa crítica porque "temos demasiadas festas grastronómicas, somos expertos en cocido, en porco, no que sea comer e beber", e concluíndo que "temos que darlle un valor principal a poesía".

O secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, disculpaba a ausencia do conselleiro, Román Rodríguez, e calificaba o lugar como "excepcional" e "epicentro da cultura", engadindo que é o mellor sitio para trasladar esa idea ligada de liberdade de expresión e defensa do medio ambiente.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, cerraba as intervencións e recoñecía a importancia deste acto, xa que "non é habitual que se organice un acto coma este nun lugar coma este: a república independente da Insua dos Poetas, para falar de poesía, auga e árbores", indicando que son tres cousas coas que se identifica a provincia. Lembrou tamén que foi Tosar o autor do termo ourensanía, ó mesmo tempo que destacaba a presenza no acto de persoeiros coma o director da película "A Esmorga", Ignacio Vilar, que pronto se proxectará na Insua, ou do escultor, Acisclo Manzano, entre outros. Finalmente, o presidente diu paso ó himno da provincia: "Ourense no Solpor", despois de repartir partituras coa música e letra de Manuel de Dios.Tralo himno, regaláronse libros e prantáronse as árbores. n

Te puede interesar