Cree que con la concurrencia de varias alternativas ‘contribuiremos a enriquecer ó partido en Ourense’

José Manuel Baltar: 'No me presento para suceder a Baltar, sino para aumentas los éxitos del PP'

José Manuel Baltar confirmó ayer que concurrirá como candidato a la presidencia del PP provincial, toda vez que José Luis Baltar optó por no presentarse. Además, confió en que la suya no sea la única propuesta presentada e incluso dijo desear que haya más de una alternativa. Baltar Blanco, que no ha querido desvelar los apoyos con los que cuenta, cree que el congreso no debe interpretarse en clave ‘personalista’ y presentó sus propuestas de organización del partido en la provincia.
Al día siguiente de que José Luis Baltar anunciara que no optará a la presidencia del PP ourensano, José Manuel Baltar confirmaba su candidatura. Lo hacía en una ‘oficina del candidato’ preparada para la ocasión en la calle Teluro de la ciudad -y que estará abierta desde hoy para atender a los militantes- ante un gran cartel con su foto y el lema de la campaña -’Novos tempos, sempre Ourense’- y explicando ya en un díptico los 10 puntos claves de su proyecto.

Tras realizar un reconocimiento a la labor del actual presidente, José Luis Baltar, y aunque la escenografía no dejaba lugar a dudas, Baltar Blanco confirmó lo que ya había anunciado, con condicionantes, 63 días atrás: ‘Efectivamente presentarei a miña candidatura do partido en Ourense’. Una decisión que, a su vez, responde a la de Baltar Pumar de no optar a la reelección, a pesar de que también el ahora candidato, como la mayoría de alcaldes, ‘quería que se presentara’.

El escenario en el que José Manuel Baltar dijo preferir moverse de cara al próximo congreso provincial de la formación es el de la confrontación de proyectos. ‘Espero que haxa máis candidaturas, o desexo ferventemente’, dijo, ya que ‘cantas máis opcións teñan os afiliados, mellor, todos contribuiremos a enriquecer a postura do PP de Ourense’. Incluso aventuró que está dispuesto a debatir con su o sus adversarios en esta carrera electoral, que culminará el 30 de enero. Ese día, ‘gañe quen gañe, poreime a súa disposición’.

Propuestas


Baltar Blanco, que aseguró que habló con Alberto Núñez antes de que Baltar Pumar anunciase su decisión, puso ‘en solfa’ los rumores de presiones entre militantes del partido para avalar su candidatura y señaló que ‘para conseguir 75 avais non é necesario presionar a ningúen, toda a xente sabe ben o que asina e o que non e este proceso é absolutamente libre’. La hasta ahora única persona que mostró su intención de presentar su candidatura -el plazo finaliza el lunes- no ve el proceso como ‘personalista’ y se define como ‘aglutinador dun movemento imparable dentro do partido polo que supón de ilusión’. Un proyecto basado en 10 propuestas organizativas y en cuatro palabras: equipo, personas -’estamos aquí para facer cousas polas persoas e non para buscar ningún tipo de liortas par tidistas en clave personalista’, dijo-, galleguismo -con voluntad de ‘exercer de galegos’- y Ourense. Entre las propuestas de Baltar Blanco se encuentra la creación de un valedor del afiliado, que el portal web del partido en Ourense se convierta en referente nacional, así como la puesta en marcha de un departamento de encuestas y sondajes del partido en Ourense. Asimismo, propone nuevas áreas de trabajo (de estudios y pensamiento galleguista), y la creación de órganos como el centro popular de formación y estrategia, una ‘escola de verán’ y un consello consultivo asesor.

LA ENTREVISTA


‘As interferencias serían absolutamente rexeitables’


José Manuel Baltar iniciou a carreira pola presidencia do PP ourensán. O mesmo día que Baltar Pumar dixo que non se presentaba, arrancou a busca de apoios.

Como leva o dos apoios?


De momento ninguén me dixo que non. Recibo abrumadoramente todas as mensaxes de ánimo e celebración por que teña esta dispoñibilidade cara o partido. Penso que a acollida non pode ter outro calificativo que un 10 e teño que sentirme orgulloso desa receptividade, tanto entre os afiliados como entre a xente da rúa.

Vaia, entón os 75 apoios xa os ten de sobra...


Penso que si pero tampouco é un obxectivo fundamental recabar un montón de avais. Hai que ser serios neste asunto, administrar esa responsabilidade e apoio que estou recibindo con rigurosidade e tendo claro que o momento é histórico para o partido e para Ourense.

A frase ‘novos tempos’ no seu lema, é unha mensaxe para quen lle acusa de continuar o ‘baltarismo’?

Non sei o que é o baltarismo. Sei o que significou José Luis Baltar á fronte do PP: 36 campañas, 36 eleccións gañadas por maioría absoluta. Non existe outro político con esa bagaxe. É unha mostra dunha capacidade brutal de conexión coa cidadanía que se debería estudiar nos manuais de política. O 30 de xaneiro empeza un novo tempo e eu non me presento para suceder a José Luis Baltar, eu me presento para presidir o partido en Ourense, coa mesma forza, se podo, que tivo el e aspirando a revalidar eses éxitos e se podemos, aumentalos.

Vese quen de manter a unión no partido se gaña?


Non penso que teña que resentirse o partido con este proceso. No PPdeG, no congreso que encumbrou a Alberto Núñez había catro precandidatos e resolveuse todo satisfactoriamente. Todo se pode solucionar, todo se pode dialogar, o diálogo e a unidade son armas fundamentais deste proxecto pero partindo da existencia de varias alternativas, porque non se pode pedir consenso se non hai voces discrepantes.

Os seus críticos cuestiónano por ser fillo de Baltar pero esta circunstancia fai que teña o apoio dun líder coma el. Que cre que pesará máis?

Eu simplemente lle pido liberdade á xente á hora de escoller. Eu non son só fillo de Baltar. Son o coordinador do partido, levo nove anos de secretario executivo de organización, coordinei campañas electorais, fun responsable de mobilizacións electorais... Polos postos que pasei non existe ningún concurso de méritos no que poña ‘ser fillo de Baltar’. Cando eu falo e penso, penso por min mesmo e, neste proceso, se algúns só se adican a criticar esa circunstancia familiar, o que me están facendo é un favor porque eu lle dou unha importancia nimia a esa circunstancia cando non se me critica polo verdadeiramente importante, que é ter unha visión clara da organización do partido e, sobre todo, un enamoramento desta provincia como teño eu.

Cre que o seu interese na candidatura pesou na decisión de Baltar Pumar para non presentarse?

Non o sei. O que sei é que estivo ata o final dubidando de se se presentaba ou non. Antes das autonómicas dixera que se se gañaba deixaría o partido e que se se perdía non era o momento de abandonalo. O 2009 foi un ano fantástico en resultados e el viu a última hora que era a mellor das opcións. Exerceu unha libertade. No momento en que todos lle pediamos que seguira, foise porque quixo. Ese xesto faino aínda máis grande.

Teme interferencias de Santiago no congreso?


Sería absolutamente rexeitable. Eu non creo nas interferencias, creo que é o momento da liberdade, da militancia, de pensar en clave de Ourense e non personalista. A min ninguén me empuxa para que vaia nin vou para que outro non saia presidente, simplemente é unha opción libre miña.

E cre que se presentará alguén para que non sexa presidente?


Non o sei pero en todo caso os militantes terán a última palabra votando e seguramente se sucede eso terán en conta o perfil de cada un dos aspirantes.


Te puede interesar