Lolita Flores volve ao Teatro Principal de Ourense en marzo de 2024

Lolita Flores en un concierto
photo_camera Lolita Flores en un concierto
Teatro, danza e música na programación do Teatro Principal de Ourense de cara ós primeiros seis meses de 2024

O Teatro Principal da Deputación xa ten programación para o primeiro semestre do 2024: inclúe espectáculos de música, teatro e danza. A venda de abonos xa está dispoñible nas canles habituais (na web do teatro e na de Ataquilla, na taquilla física e nas sedes galegas de Afundación). Entre os nomes recoñecidos que acudirán cos seus espectáculos están Lolita Flores ou Javier Gutiérrez, pero hai un cento de actividades máis.

A actividade comezará co programa “Nadal en familia” continuando o 14 de xaneiro coa obra “Protocolo del quebranto”, de Unahoramenos e o 20 de xaneiro con “Los amigos de ellos dos”, de Producciones Off-Vania. A Compañía Nacional de Teatro Clásico traerá unha revisión dun dos clásicos de Lope de Vega co espectáculo “La discreta enamorada”.  

Os asistentes tamén poderán gozar de obras como “Las guerras de nuestros antepasados”, de Pentación Espectáculos, ou “El archipiélago de los desastres”, de Elena Carrascal. Haberá presenza ourensá da man de Sarabela Teatro con “O Dragón de ouro” e Ibuprofeno Teatro estará presente coa súa última produción “Deadpan Karaoke”.

Lolita Flores volve ao Principal como protagonista da obra “Poncia”, de Pentación Espectáculos–Teatro Español, na que dará vida a unha das criadas da obra de “La casa de Bernarda Alba”. Será o 2 de marzo. Tamén estará Ron Lalá co espectáculo “4x4” o 13 de abril e “Hasta que la muerte nos separe”, de Inconstantes Teatro, o 19 de abril.

Os actores Javier Gutiérrez e Luis Bermejo actuarán coa obra “El traje”, de Vania Producciones Off e haberá unha obra “moi dura pero entrañable”, segundo a organización, da man de Teatro de la Abadía – Ur Teatro con “Coraje de madre”.

A Miteu terá o seu espazo e volve o Pórtico do Paraíso.

Te puede interesar