en ourense

Máis de 300 persoas acudirán ao Espazo Lusquiños na quinta edición do Torneo de "Magic" e Vídeoxogos

sd

Repartiranse 2.500 en premios. O evento desenvolverase os días 7, 21 e 28 de outubro. Os torneos de X-Wing e vídeoxogos serán de balde

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu, esta mañá, a presentación da quinta edición do Torneo de 'Mágic' e Vídeoxogos (TMV), un evento de lecer alternativo que terá lugar no Espazo Lusquiños os días 7, 21 e 28 de outubro en horario ao público de 10:30 a 22:00 horas. O torneo congregará máis de 300 participantes de todo o país, e servirá de enlace para outros torneos máis prestixiosos, segundo as previsións de Alberto Nuñez Blanco e José María Miguel Martín, organizadores do evento, que ven neste TMV “unha magnífica oportunidade para facer comunidade”.

“Dende a Concellería de Xuventude nunca dubidamos do total acerto que supón a organización dun evento con estas características, e que non só suporá un magnífico aliado para promover a cidade, senón un punto de encontro e de referencia con vocación de continuidade, para todos os afeccionados ao Magic e aos videoxogos deste país”, apuntaba a concelleira de Xuventude, Sofía Godoy.

No tocante aos torneos competitivos, o torneo de Magic será a principal referencia, este ano no formatoModern. Repartiranse 1.500 euros en premios, converténdose así nun dos mellores torneos da península, e agárdase que asistan, coma en anteriores edicións, que acudan xogadores procedentes de toda España e de Portugal. Na parte dos videoxogos, o FIFA 18 será o torneo competitivo máis importante, o xogo de simulación futbolística por excelencia. Repartiranse 500 euros en premios.

Star Wars. O xogo de taboleiro de miniaturas das naves máis coñecidas de Star Wars será outro ano máis un dos torneos con maior número de adeptos: os duelos épicos entre o Falcón Milenario e o infame Escravo Un de Boba Fett, ou Luke Skywalker no seu X-Wing contra o seu pai Darth Vader no seu Tie Advance... X-Wing está baseado en batallas intergalácticas entre as naves do imperio e os rebeldes do mundo de Star Wars, o obxectivo neste apaixonante xogo de estratexia é dirixir, mover e preparar as naves para derrotar o teu rival. Nesta modalidade haberá premios de 300 euros para os mellores participantes.
 

Asetto Corsa. A gran novidade deste ano é a inclusión do torneo de Assetto Corsa na plataforma PS4. Para disputar este campionato de simulación automobilística utilizaranse asentos especiais para vídeoxogos con volantes G29 para darlle maior realismo e emoción ás carreiras. O premio destinado para este torneo ascende a 200€

Como colofón final, e aproveitando o V aniversario de TMV, por primeira vez os torneos de videoxogos e X-Wing serán de balde.

Toda a información, normativa e horarios detallados, están dispoñibles no facebook: tmvourense.

Te puede interesar