Manuel Baltar: "É un recoñecemento ao labor da deputación"

xi.pleno.da.femp.04_result
photo_camera Manuel Baltar, no Palacio Municipal de Congresos de Madrid, antes do comezo do pleno da FEMP.

El Presidente de la Deputación de Ourense será un dos 25 representantes locais e provinciais que formen parte do goberno da entidade nacional. 

O undécimo pleno da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), celebrado onte en Madrid, deixa un protagonista en clave ourensá: Manuel Baltar. O presidente da Deputación foi elixido nesta sesión como un dos 25 integrantes do órgano de goberno desta entidade nacional. Agradecido ao seu partido e disposto a asumir esta nova responsabilidade, Baltar móstrase confiado en que este nomeamento será positivo para o crecemento da provincia de Ourense. Xunto ao presidente da Deputación, estiveron presentes no pleno o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, e o edil de Promoción Económica e vicepresidente segundo da Deputación, Jorge Pumar.

Que valoración fai do pleno e desta elección?

Estou satisfeito porque a Deputación de Ourense esta dentro do órgano de goberno da FEMP. Só 25 dos máis de 8.200 municipios e gobernos provinciais españois están representados aquí, e creo que temos un reto importantísimo por diante: a financiación local. No persoal, agradezo a confianza do meu partido ao propoñerme como un dos seus dez representantes, e asumo o cargo coa ilusión de ser o único galego.

A que considera que se debe este nomeamento?

Eu considéroo un recoñecemento ao labor realizado neste tempo na Deputación, situándoa á vangarda dos gobernos provinciais de España, algo que se logra grazas a políticas de transparencia e rigor económico, e á posta en marcha
de medidas pioneiras coma o Código Ético ou a Carta de Servizos. Pola nosa parte, seguiremos a innovar en política porque é a clave para conectar cos cidadáns. Continuaremos movéndonos nas nosas 'palabras máxicas': a cooperación,
a anticipación e a visión. Polo tanto, a lista de agradecementos é longa, empezando por Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo, e pasando por todos os afiliados ao PP de Ourense; de todos eles procede o apoio para desenvolver leal e
eficientemente esta alta responsabilidade nacional, onde a 'Ourensanía' tendrá voz e voto.

Que pode aportar a presenza da Deputación no órgano de goberno dunha entidade nacional á situación política e socioeconómica da provincia?

Estar na máxima representación local de España incrementa e mellora o noso posicionamento nacional. Seguiremos a ser un referente en modernización administrativa, e empregaremos esta plataforma para obter vantaxes para Ourense
e os seus cidadáns, do mesmo xeito que xa fixemos na Fundación Democracia e Goberno Local. Permítenos estar coa primeirísima información do que nos pode beneficiar e na panca motora para que as nosas ideas relancen o municipalismo. Considera, pois, este nomeamento como un premio ao traballo político realizado?
Non é un premio, é unha responsabilidade motivada polo traballo destes anos, nos que me acompaña un equipo de traballo e de goberno tan ilusionado coma min no futuro da nosa provincia. Seguindo o noso lema, 'Creo en Ourense',
consideramos esta elección unha oportunidade para Ourense, unha Ourense sen exclusións, pensando sempre no que nos une a todos, que é o que aporta valor a unha provincia ambiciosa como é a nosa.
 

En clave de futuro, e xa como integrante do novo órgano de goberno, como prevé traballar a FEMP para afrontar o citado reto da financiación local?

Primeiro temos que constituírnos e ver a prioridade nos traballos, recoñecendo a existencia de dúas sensibilidades. Non teño dúbidas en reclamar unha nova e máis completa financiación local, que sexa negociada á vez que a autonómica:
dous subsistemas que deben contemplarse simultaneamente. Tamén defendo que a FEMP forma parte do Consejo de Política Fiscal y Financiera.

Te puede interesar