Cabeza de lista do PSdeG por Ourense

Manuel Vázquez Fernández: ‘Na próxima lexislatura, Ourense vai vivir os mellores anos de toda a sua historia’

 Manuel Vázquez, o cabeza de lista do PSdeG por Ourense. (Foto: Martiño Pinal)
Naceu para dirixente, ainda que escomenzou a andaina pública presidindo o Arenteiro, o equipo do su pobo. Gústalle decir que na política entrou pola base como concelleiro, tamén no Carballiño. Logo foi alcalde, deputado provincial e secretario provincial do PSdeG, e en 2005 conselleiro de Medio Ambiente; agora volver a ser cabeza de lista.
Qué sensacións ten da campaña cando xa pasamos o ecuador?


Fundamentalmente, que Ourense entendeu os últimos catro anos de goberno; que os responsables da Xunta miraron para iles. En todo caso, son sensacións mezcladas ca preocupación que produce toda campaña electoral. Son coma un examen para os candidatos e quen diga que ante unha proba, do tipo que sexa, non sinte tensión ou nervios, non é normal. En definitiva: ilusión, nervios e a sensación de que chegamos cun traballo ben feito.

Qué diferencias percibe con respecto a fai catro anos?


É distinta. Aquela foi unha campaña moito máis tensa, na que o PP puxo toda a carne no asador tentando defender unha situación que se caía. Niste momento non teñen campaña, só están no insulto e a mentira porque son conscentes de que carecen de proxecto para ganar, xa que lles falta ata o candidato.

Nós poñemos proxecto, ilusión e ganas, pero si estás ti só no cuadrilátero o contrario aspira únicamente a embarrar o campo. A estratexia é difundir a idea do todos somos iguales para ver si por ahí pesca algo, ainda que teño a convicción de que os cidadáns están percibindo eso.

Cre que vostedes póden beneficiarse do cambio de candidato no PPdeG?


Resulta difícil de adivinar, porque o PP ten un porcentaxe amplo de voto incondicional, pero tamén é certo que hai unha parte que lles votou pensando que esa opción iba ser boa para a provincia de Ourense. Semella insultante que Núñez Feijóo e Baltar traian unha persoa de fora para encabezar unha lista e, ademáis, implicada nun caso de corrupción por ter diñeiro en paraísis fiscais. Consecuencia de todo eso prodúcese outra situación tamén moi difícil, porque Baltar lles dí ós electores voten vostedes sen mirar a papeleta. Eu penso xusto o contrario, hai que mirar, e moi ben, a papeletas. Sen dúbida que a moitos ourensáns váiselle facer moi difícil obviar esta situación porque é un insulto ó sentido común e a intelixencia.

Cómo levou os catro anos de convivencia co BNG na Xunta?


Foron bons compañeiros de goberno xa que separándonos moitas cuestións programáticas, conseguimos apartar eso que nos desunía para artellar unha opción na que primaron os intereses xerais da cidadanía sobre os de cada unha das forzas. Ca experiencia que teño de gobernar en minoría en outros ámbitos, podo decir que os roces xurdidos non pasaron de pequenas turbulencias.

Nesas pequenas turbulencias conta vostede as discrepancias nas concesións eólicas?

No fundamental estamos de acordo, que é que Galicia ten que ser unha potencia eólica. Outra cousa é o recorrido administrativo no que resultan normais as diferencias entre Medio Ambiente, Industria, Agricultura, Pesca... A nós tocounos de facer de pepitos grillos tratando de poñer melloras que desemboquen nun gran acordo respetando o medio ambiente.

Cuál foi a maior cornada como conselleiro?


O maior susto foi a contaminación brutal do río Umia no coñecido como caso Brentag. Un queda impresionado cando se da conta de que 120.000 persoas se quedan sin auga, cando as temperaturas son de 38 graos.

Foi unha situación moi difícil, pero a partir daquela todo foron cousas moito máis agradables.

Por exemplo?


Gardo moitos bóns momentos, pero cecáis o máis emotivo foi a compra da illa de Cortegada e a sua devolución ós veciños, despois de prácticamente cen anos suspirando por ela. Poñer os pés con iles alí e escoitalos entonar as cantigas que cantaron os seus abós cando saíron, foi unha experiencia das máis bonitas e emotivas, porque, ademáis, resolvíase unha situación de inxusticia histórica.

O candidato do PPdeG á presidencia da Xunta afirmou que a sua primeira decisión se chega ó cargo será a de paralizar o parque medioambiental de Carballeda. Qué lle suxire ise anuncio?

O señor Núñez Feijóo é un nihilista, un negativista nato. O seu partido prefire unha provincia subsidiada, de caciques, de favores. Tranquilízame moito saber que o seu principal apoio é o alcalde de Beade que sigue ofrecendo misas por Franco. Así non se cambia o futuro do Ribeiro, senon creando emprego e así o entenden os cidadáns. Teña en conta que en eleccións municipais e xerais, a maioría dos votantes da comarca apoiaron ó Partido Socialista. Cando o parque empresarial esté funcionando, con máis de 800 persoas empregadas, todos iles se acordarán de que había partidos que preferían seguir no pasado, na nostalxia e outros que non tivemos medo a escribir as páxinas do futuro.

Voltará algún día á política provincial para disputar, por exemplo, a presidencia da Deputación?

Non teño pensado. Todos temos un recorrido vital. Eu fixen política local traballando para facelo o mellor que poiden. Estou moi satisfeito agora pola confianza dos meus compañeiros e o presidente da Xunta ao situarme como membro do Goberno galego. Imos cumplindo etapas co testigo na man, que un día pasaremos a outro compañeiro. Un pode traballar polo que cre en calquer posto que esté, mesmo dende a casa. A mín gústame a política, pero sei que esto é absolutamente efímero e transitorio, polo que nun momento volverei á base, a ser un cidadán de a pé, normal e corriente, do que me sentirei tamén moi orgulloso.

Ca progresión que vostede apunta, aínda lle queda Madrid.


Non. Non me gusta a política de Madrid. Gústame poder vivir na miña casa ca miña familia. Admiro á xente capaz de sacrificar cousas tan persoais para facer ise traballo. Eu creo que non sería capaz, porque me gus ta estar na casa, ca miña muller, cos meus fillos. Seguramente tamén contribúe a esa forma de pensar o ter unha profesión á que voltarei ó día seguinte de deixar a política, que me gusta moito e na que disfrutei momentos dos máis bonitos da miña vida.

Haberá futuro para os nosos fillos nesta provincia?

Ourense vai encarar os mellores anos da súa historia. Tócalle. As autovías están eiquí e as novas tamén pasarán por eiquí, o AVE ven por eiquí. Aproximámonos á época máis brillante de todos os tempos. Á entrada de recursos xa chegou e vai a seguir.

Te puede interesar