A mellora do barrio das Camelias incorpora plantas nas fachadas

Un proxecto de humanización da rúa Canella do Barbaña no Pozo do Inferno, integrada na área de rehabilitación integral do Polvorín- Camelias- Carballeira , contempla a mellora integral da zona cun orzamento de 224.000 euros.
As obras de reurbanización da Concellería de Infraestructuras están previstas no marco do convenio de financiamento asinado o 29 de abril de 2011 entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Ourense.

O proxecto ten coma obxecto a realización das actuacións máis relevantes e necesarias que afectan ao aspecto xeral do conxunto da rúa, incorporando novos elementos que melloren a súa fisonomía e favorezan o seu emprego como zona de esparellemento. A intervención levarase a cabo mediante a incorporación de novos pavimentos, renovación do mobiliario urbano e axardinamento, a renovación do alumeado público e a realización dunha nova rede de saneamento para a evacuación das augas pluviais.

Según valoran dende o Concello, a intervención responde á necesidade dun cambio íntegro no aspecto e conxunto da rúa, incorporando novos requerimentos normativos e aqueles elementos que melloren o pavimento, a eficiencia enerxética da iluminación, a accesibilidade e doten dun uso público á ribeira do río. Así mesmo, levarase a cabo a sustitución do pavimento da actual pasarela da Molinera, por pavimento de madeira e a instalación dunha nova balaustrada de aceiro esmaltado en cor branca acorde coas que se colocarán ao longo de toda a zona e as xa existentes. As fachadas dos baixos instalaranse mamparas de cores colocados sobre xardiñeiras con plantacións de especies trepadores para dar cor e unha sensación de coherencia e unidade no conxunto.

O conxunto de intervecións pretende humanizar a zona, facilitar os seus accesos aos peóns e usuarios da zona e proporcionar unha zona de esparellemento á beira do río.

Te puede interesar