Melón asume un tramo do acceso de Quins a Covelo

O Consello da Xunta, na súa reunión de onte, aprobou o decreto de cambio de titularidade dun treito de 130 metros da estrada provincial OU-0355 (Quins-Covelo), a prol do Concello de Melón. A cesión é conveniente co obxecto de simplificar e facilitar a tramitación de permisos de edificacións nas súas marxes, construción de infraestruturas e servizos urbanos, entroutras xestións. En consecuencia, o Concello asumirá a partir de agora a súa titularidade e mantemento.
Neste treito existen peches a menos de seis metros do eixo desta estrada provincial, polo que se fai necesario este cambio co fin de mellorar, entroutros aspectos, a seguridade viaria da zona. Xunta e Concello chegaron a un acordo previo tendo en conta que a circulación neste tramo xa ten características urbanas e por iso se lle entrega o Concello de Melón.

Te puede interesar