Melón debe aínda á Xunta 120.000 euros por obrar cerca do mosteiro

O Concello de Melón debe á Xunta os 120.000 euros da sanción imposta en 2006 ao entón alcalde Alberto Pardellas (PP), posteriormente condenado xudicialmente por prevaricación, tras construir un pavillón polideportivo a 75 metros do mosteiro cisterciense de Melón, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) dende 1931.
O concelleiro de Cidadáns de Quins e Melón, Emilio Díaz Vidal, solicitou en tres escritos, dende decembro de 2012 ata marzo de 2013, que o Concello, que agora goberna Cristina Francisco (muller de Pardellas) reclame ao exalcalde os 120.000 euros, os intereses legais, os gastos de avogados ocasionados 'e os danos e prexuízos ocasionados ao Concello pola súa actuación prevaricadora, por extralimitarse no exercicio das súas funcións', sinala o concelleiro.

Pardellas, tras unha denuncia veciñal, foi inhabilitado por aquel delito para exercer cargo público durante case nove anos que comezaron a contar dende outubro de 2012, tras a notificación de que lle foi denegado o indulto que pediu tras a condena por sentenza xudicial de novembro de 2010.

Agora a alcaldesa, a súa esposa, explana dous terreos adquiridos para a construción dun aparcamento a 20 metros do mosteiro, segundo sinala o concelleiro da oposición.

Te puede interesar