Méndez Ferrín propón a financiación da RAG dende os orzamentos galegos e estatais

O novo presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Méndez Ferrín, propuxo na súa visita á Deputación de Ourense, unha nova financiación para a institución, que veña dada pola inclusión, anualmente, de partidas específicas nos orzamentos da comunidade autónoma e nos do Estado.
A día de hoxe, “hai unha única subvención, a fondo perdido, de 60.000 euros, da Consellería de Educación. O resto apórtano convenios e contratos pola execución de traballos concretos. Isto impide facer planificacións, e a dinámica da RAG vén imposta de fóra. “Pero o diccionario é unha tarefa continua, e hai que trabajar na gramática, na topografía, na onomástica...” E hai que pagar a 28 persoas. A executiva da RAG calcula que serían necesarios 1,2 millóns de euros para fuxir da penuria. O presidente da Deputación, José Luis Baltar, tras sinalar que “as penurias da RAG tamén son as do pobo”, comprometeuse a asinar un convenio con ela.

Te puede interesar