Vinte comerciantes coñeceron as ventaxas de abrir pola tarde e contar con un supermercado

Os mercados de Barcelona, un referente para os praceiros

Os 23 comerciantes ourensáns de visita en Barcelona, comandados por la edil da área de Comercio, Ana Garza, e polo director xeral de Turismo, Xosé Carballido, despexaron boa parte das súas dúbidas sobre o que suporá a reforma da Praza de Abastos percorrendo mercados como o de Sants, Ninot, ou La Boquería. Agora teñen outra perspectiva do que son os traslados provisionais, das ventaxas de instalar un supermercado na praza e sobre ampliar os horarios de atención ao público.
A visita comezou no mercado provisional de Sants, inaugurado en 2009, despois de que as obras do AVE obligaran a acometer a reforma, un proxecto cun orzamento de 17,5 millóns. En Sants, o primeiro que lles impactou aos comerciantes ourensáns foi a celeridade das negociacións, había que facer unha remodelación urxente do mercado e únicamene houbo tres reunións entre as autoridades competentes e os comerciantes, en dous meses había acordo. En Barcelona, nestes intres estanse reformando un total de once mercados, e hai cinco traslados provisionais. Visitar este tipo de emprazamentos era un dos obxectivos principias da viaxe para ver como os traslados non son simples carpas.

Entre as preocupacións do ourensáns estaba a ubicación das cámaras frigoríficas e o funcionamento dos espazos correspondentes a cada posto, e evidentemente, o custe que supón para cada comerciante o traslado provisional e a reforma. Dúas polémicas cuestións quedaron claras tras a visita, o horario de apertura non se pode restrinxir ás mañás. A pesares das reticencias iniciais, comprobaron que as ventas pola tarde incrementan as cifras de ganancias, e a instalación dun supermercado nunha praza de abastos é fundamental porque supón un servizo complementario e unha aposta pola compra nun so acto. Na súa totalidade están convencidos da necesidade de acometer definitivamente a reforma da Praza de Abastos, saben que é a única opción que lles queda se queren recuperar a clientela, e agora teñen as cousas máis claras sobre o esforzo que lles suporá asumir esa remodelación sen a que non lle ven futuro algún ao mercado. Ademais de regresar con novas ideas para implantar no seu negocio.

Te puede interesar