ENTREVISTA - POLÍTICA

Miri Barreira: "Facilitar que se poida vivir no rural con dignidade será bo para as cidades" 

perfil_miri_result
photo_camera Miri Barreira, no seu despacho do Comisionado fronte ó reto demográfico.

A ourensá cumpriu en febreiro un ano no cargo tras o nomeamento do presidente do Goberno, Mariano Rajoy

O futuro demográfico de España está en mans dunha ourensá dende hai algo máis dun ano, tempo no que Miri Barreira percorreu a península dun lado para outro para artellar unha estratexia que permita facer fronte a unha realidade preocupante e perigosa que coñece moi ben pola súa terra: somos menos e cada vez máis maiores.

Está ó mando do reto demográfico, pero vendo as estatísticas, case que parece unha quimera.

É o produto dunha evolución que estamos a vivir dende hai varias décadas, estamos falando agora da baixada de natalidade, do avellentamento da poboación, pero é unha circunstancia que se produce dende hai moito tempo. Xa desde os oitenta cae a poboación. Por iso temos esa descompensación, vivímola agora pero xa vén de hai tempo. Tamén é certo que non é exclusivo de Galicia nin de España, tamén se dá na Unión Europea e outros lugares.

Pero parece que nunca se tivo en conta. Que se fixo durante o ano que leva á fronte do órgano?

O principal logro foi colocar este problema, que sempre parecía o mañá que estaba por vir, no centro da axenda política. Nalgún momento tiñamos que facer unha reflexión consciente sobre o futuro que encaramos como sociedade, a sostibilidade dos servizos públicos e  o desenvolvemento equilibrado do territorio. Estamos tomando medidas para paliar esta tendencia, que sabendo que é de longo percorrido, hai que afrontala xa.

Está a dar resultado o que están facendo?

Non se pode pensar nestas cuestións en resultados a curto prazo, falamos dunha evolución. Non podemos esperar cambios dun ano para outro, certo é que se nos fixamos, por exemplo, nas cifras do padrón, apuntan xa un pequeno crecemento pola emigración.

Chega a soñar coas estatísticas? 

Si, pero é a nosa tarefa, atender ós datos, ver os cambios de tendencia que se poidan percibir, pero tamén ser moi conscientes de que hai que pensar a longo prazo. Neste reto demográfico gústame pensar que é un avance para a sociedade, que todo o que fagamos será bo para as familias, maiores, os que viven no rural ou lles apetece cambiar de vida. Queremos asentar beneficios sociais, é unha tarefa complexa, pero tómase con ánimo.

É difícil cambiar esa idea de que a aldea só é un bo lugar para retirarse?

Exacto, hai que loitar contra ese estigma de que aquel que volve a unha aldea é alguén que fracasou na vida. Por que non velo como opción vital distinta? O medio rural ten as súas propias características, ten outras virtudes, temos que ser capaces de facilitar que se poida vivir con dignidade. Será bo tamén para as cidades, para evitar a tendencia á concentración urbana. Por que non traballar por un desenvolvemento máis equilibrado, onde calquera poida vivir onde desexa? É unha cuestión moi vinculada á confianza.

Mantivo reunións de todo tipo. Están concienciadas todas as administracións?

Si, é unha conciencia xeral. Tamén quero destacar, por exemplo, que en Galicia e Ourense xa tiñamos esta realidade e xa hai medidas. O importante é que o conxunto da sociedade o faga.

Afecta a este tema a inestabilidade política?

Debe ser allea á política, porque falamos de traballar pola sociedade que queremos construír dunha forma positiva, en beneficio para as familias para que os xóvenes poidan emanciparse, formar unha familia, que os emprendedores poidan estar en calquera zona. Tamén queremos vincular ás institucións europeas, temos que percibir esta loita como allea á política e á ideoloxía, é unha obriga como país.

Involucrar á UE parece que se está a complicar. Preocúpalle? 

Estase negociando o marco financiero plurianual, temos a vocación de defender a implicación de Europa tanto nas políticas como nos orzamentos, pero hai que contar co proceso de negociación dos estados membros.

É importante que se aproben os orzamentos do Estado para o seu traballo?

Son importantes, porque conteñen medidas concretas pechadas para o reto demográfico por primeira vez. Inclúense axudas fiscais especiais para favorecer a natalidade, que cheques sexan máis altos para familias numerosas ou, por outro lado, tamén favorecer a conciliación, que é fundamental, por iso haberá un novo cheque gardería.

Pero está demostrado que un simple cheque-bebé non é suficiente. eb3-1-_result

O que hai que xerar son condicións que permitan ás familias criar ós seus fillos, que poidan cumprir os obxectivos ós que queren chegar. A natalidade está en 1,3 fillos por muller e os estudos din que polo menos se queren dous. Hai que crear as condicións para que así sexa e traballamos tamén cos axentes sociais para lograr esa igualdade no ámbito laboral. 


"As infraestruturas son básicas"


Falábase dunha estratexia que estaría lista este ano. En que estado se atopa?

Temos un marco estratéxico no que traballamos e estase pondo en marcha con medidas nos orzamentos. Anticipamos tamén un plan para estender as redes de internet de última xeración para chegar ós núcleos rurais. Cremos que poden ser medidas efectivas, porque se ven no día a día, como un plan de vivenda, dotado con 1.400 millóns, para mellorar por exemplo as condicións das persoas maiores. Unha persoa xoven que quere mercar unha vivenda no rural pode obter case 11.000 euros. O que buscamos en primeiro lugar era incorporar a sensibilidade na loita contra o reto demográfico no conxunto das políticas, esa é a clave.

Podemos fixarnos nalgún modelo? 

O da vivenda colaborativa e con servicios asociados se utiliza nos países nórdicos, hai que atender ás experiencias de éxito. Tamén hai boas prácticas no noso país, como as axudas á conciliación de Galicia.

A xente empeza a saír á rúa, como por exemplo en Teruel. Presiona? 

Vemos que o problema só o notaban quen o sufrían, como en Ourense, pero non se falaba a nivel nacional, ese é o cambio. E non só se fala do problema, senón tamén de solucións.

Publicabamos en La Región que os expertos avalan a Ourense como laboratorio demográfico. Pode servir de algo? 

Vin a noticia. Claro que conflúen moitas circunstancias e falábase de iniciativas piloto, algo importante sobre o que falan na Unión Europea. Débense pór en marcha proxectos novidosos.

Hai un proxecto en Ourense para acoller nas casas reitorais a refuxiados. 

Son este tipo de iniciativas as que poden ser moi beneficiosas para un territorio, é un exemplo deses proxectos piloto.

Tamén temos o problema de internet, con case un de cada tres fogares sen conexión ADSL. 

Non pode ser, é básico cando falamos de que se pode vivir no rural. Para iso fan falta medios e calidade de vida, hai que defender iniciativas de vivenda, pero o emprego é fundamental, por iso queremos un incentivo específico para os emprendedores e só se poden animar con internet. Case nada funciona sen a rede nestes días. En Galicia vai haber varias actuacións importantes, con axudas para as operadoras que aseguren que as redes cheguen ó 100% dos núcleos de población no 2021.

Non podemos olvidarnos das infraestruturas.

Son básicas para facer fronte ó despoboamento rural, tamén as tecnolóxicas. Penso que o esforzo en mellorar as infraestruturas sempre vai en beneficio dos cidadáns.

Estanse a concentrar as infraestruturas en zonas urbanas?

Lóxicamente, onde hai xente fan falta cousas, pero creo que se está a facer un esforzo para achegar os servicios básicos á xente vivan onde vivan, é o desexo de calquera administración.

Consolidar o aumento da inmigración é clave neste reto que temos por diante?

O que nos di a Unión Europea é que coa tendencia demográfica que levamos, cada vez ten un maior peso na evolución da poboación o componente migratorio. Nos últimos datos, o crecemento da poboación debíase a esa chegada de xente. Hai que falar por tanto da integración, que debe ser plena.

Está con forzas ou sente que foi un marrón meterse nisto? 

Claro que estou con forzas. Agora que vemos que pode haber solucións tras un esforzo moi grande. Hai moito que facer e niso estamos.

Véxoa optimista. 

Todo o que fagamos bo será, hai que concibir todo isto en positivo. Non se colleu tarde. 

Te puede interesar