Montederramo dotará ás aldeas de novo mobiliario

Ángeles Vázquez entrega o convenio a Antonio Rodríguez.
photo_camera Ángeles Vázquez entrega o convenio a Antonio Rodríguez.

A Xunta de Galicia e o Concello de Montederramo colaborarán na execución dunha actuación urbanística para mellorar os equipamentos públicos dunha trintena de núcleos rurais do municipio, cun investimento total previsto de case 40.000 euros.

Este foi o compromiso asumido esta semana pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde, Antonio Rodríguez, a través da sinatura dun convenio no que fixaron os termos da súa colaboración técnica e económica para levar a cabo esta obra.

A intervención consistirá no subministro e instalación dun total de 34 bancos de madeira tratada contra a couza, termitas e insectos en 28 aldeas do concello: Gabín, Os Abeledos, Cacharrequille, Vigueira de Arriba, Mazaira, Valdarias, Touzal, A Mogaínza, Paredes, As Corraínzas, O Regueiro, O Outeiro, Os Pereiros, Valderrique, Santiago da Medorra, A Graña, San Fitoiro, Vigueira de Abaixo, Ferrón, A Retorta, Moás, Vila Pequena, Veducedo, Cascarballo, A Xestosa, A Mioteira, A Reguenga e Vilariño Pequeno.

Cun investimento comprometido no convenio de 38.015 euros, que achegará nun 70% o departamento autonómico e nun 30% o Goberno municipal, trátase dunha das 10 medidas incluídas no Plan de acción estratéxico da zona.

Te puede interesar