CULTURA

Música internacional, a novidade do Ourenrock

Outra das novidades será a festa de benvida do día 7, que terá lugar no centro de Ourense, "abrindo o festival á cidadanía en xeral"

A terceira edición do festival OurenRock Sound chegará a Ourense os próximos 7,8 e 9 de xuño, mantendo a aposta pola música galega e renovándose con incorporacións internacionais coma os italianos Talco ou os húngaros Bohemian Betyars. "O obxectivo e intentar manter a afluencia de xente dos outros anos, comparada a festivais que levan 10 anos en activo", asegura un dos organizadores, Rubén Álvarez.

 

 

"Abrindo o festival"

Outra das novidades será a festa de benvida do día 7, que terá lugar no centro de Ourense, "abrindo o festival á cidadanía en xeral", indican dende o OurenRock. Un pasarrúas percorrerá o Casco Vello, ata chegar a Praza Maior, onde actuarán dous grupos. Os seguintes días, o 8 e o 9 de xuño, o festival desenvólvese en Benposta.

Os mercadillos, os talleres de alfarería de Niñodaguia e os postos de pulpo de O Carballiño mantéñense coma un dos atractivos fixos dun festival que xa ten as súas "cabezas" de cartel: El Drogas e Riot Propaganda. "Queremos seguir medrando pero sen deixar atrás a nosa filosofía de festival: música, barro, solidaridade, viño ourensán e polbo de O Carballiño", indican os organizadores.

Un taller de construcción de guitarras incorpórase ao festival da man do luthier ourensano Jesís Rodríguez Cid, que ensinará aos asistentes a crear unha guitarra dende un anaco de madeira ata a súa forma final.

As entradas xa están a venda a un precio inicial de 26 euros, pero a partir deste xoves costarán 30 euros. 

Te puede interesar