Os nenos de Piñor contarán con reforzo escolar no verán

O Concello de Piñor abriu o prazo para as inscricións no Programa de Actividades Infantís do Verán.
Terán lugar de luns a venres durante os meses de xullo e agosto, en horario de 11,00 horas a 13,00 horas, agás os martes, nos que se farán dous grupos de Reforzo Escolar, para o cal o horario establecerase de 11,00 a 14,00 horas. O programa contempla manualidades, talleres e xogos populares, destacando o Reforzo Escolar, a VI Escola de Teatro do Verán e o Xornal de Verán 'Piñor Times'.

Te puede interesar