ENTREVISTA - VIDA

Nin "lobo" nin "cordeiro", xenuinamente, Alberto Rolán

Alberto Rolán
photo_camera Alberto Rolán

Fai 20 anos que o verinense levou a escea o seu primeiro papel. Agora faise oco nos fogares galegos a través de Carlos Menzoda, un médico vividor na serie "Lobos e cordeiros" da TVG rodada en gran parte na provincia de Ourense.

Dende ben cativo, Alberto Rolán sentiu a poderosa atracción da interpretación e foi, nada máis e nada menos, xa fai 20 anos atrás cando levou a escea o seu primeiro papel. Dende entón, un non parar. Series, películas e teatro (cun premio Maria Casares a Mellor Actor secundario na peza "O principio de Arquímedes", de Xulio Lago no 2016) marcaron o seu día a día, dándolle forma, gañando unha experiencia que considera esencial para crear novos personaxes. Tras os éxitos de "A estación violenta" (nominado aos Mestre Mateo no 2018 a Mellor actor protagonista), agora faise oco nos fogares galegos a través de Carlos Menzoda, un médico vividor na serie "Lobos e cordeiros" da TVG rodada en gran parte na provincia de Ourense.

Conta cunha extensa, extensísima, traxectoria, tanto no teatro coma na pequena e na gran pantalla, esto marca unha evolución como actor.

Co paso do tempo sempre se nota unha evolución a moitos niveis. A propia experiencia en cada interpretación che vai dando un pouso. E esa experiencia é algo fundamental, xa que, canto máis acumulado leves, máis matices e máis vida lle podes outorgar aos teus personaxes. Tamén gañas en seguridade. 

Por outra banda, se experimentan cambios; cando comezas aportas unha enerxía, unha forza extra, pola ilusión dos inicios e de actuar ante o público que, aínda que se mantén, é máis controlado. Polo camiño, tamén se perden outras cousas, como a frescura, pero para elo, os actores estamos continuamente reciclándonos.  

O máis recente, o seu papel na serie “Lobos e cordeiros", cal é o seu papel? 

Eu son o doutor Carlos Mendoza, un médico que ven co seu pai, Luis Iglesia, e coa súa irmá, Patricia Torres. Son unha familia de médicos que, terapéuticamente, empregan as propiedades das augas termais e chegan dende Madrid, aínda sendo galegos, Á vila maxinaria de Viguña. Carlos é un home libertino, gústanlle as mulleres, beber, o xogo... un personaxe que se o xudgas, dirías que é algo inmaduro, pero ese é o seu xeito de vida. Sen deixar de ser un gran profesional, é unha persoa libre, que o que máis lle interesa é andar de troula. El non é un "lobo" nin un "cordeiro", ten a súa propia definición nesa "fauna".

Para mín está a ser un papel moi agradecido que me permitíu facer moitas cousas que outros personaxes, máis encorsetados ou cunha moral máis recta, non podría facer. Carlos Mendoza permíteme ser un pouco libre nese senso. 

Que nos pode decir da rodaxe?

Foi todo un pracer. Sobre todo o feito de rodar noa nosa provincia, Ourense. Para mín foi a primeira vez que o fixen no eido audiovisual e, ademais, conleva poñer en valor a nosa paisaxe, a nosa historia, a nosa arte... A serie fai un pouco de xustiza cunha provincia que, se a nivel cinematográfico sempre tivo presencia, non tanto en series. 

Outro dos seus últimos traballos é a película "A estación violenta", cóntenos, que significou e como se sentiu na rodaxe?

Con "A estación violenta" prodúcese un punto de inflexión na miña carreira como actor, xa que paso a protagonizar unha película rodada íntegramente en galego. Traballar con Anxos Fazáns, nunca me cansarei de decilo, foi unha magnífica experiencia e moi moi gratificante. Entre os dous houbo un perfecto entendemento e penso que iso se logrou transmitir á pantalla. Alberto Rolán

Sendo sinceros, tamén foi un proceso duro. Estivemos o mes previo da rodaxe traballando sobre o personaxe a modo de conversa de ensaio, contrastando opinións... e, durante a gravación, xa fixemos probas nas propias localizacións. A rodaxe foi en 16 mm, e o celudoide é moi caro... así que tanto ensaio fixo que practicamente rodásemos a toma única ou a dúas, pero eso, lonxe de ser unha complicación, fixo que traballaramos cales trapecistas do circo ruso, pero cunha seguridade e templanza froito dese mes de probas. 

Un traballo que está a ter os seus froitos cunha moi boa acollida. 

Inmellorable. Xa participamos en seis festivais internacionais, coa Mención Especial no Festival Internacional de Cine de Cali, un dos máis representativos do cine de autor e independente en latinoamerica. Por onde pasamos viñemos moi contentos porque tanto crítica como público ten loubado a película. Destacar a mención que nos fixo a revista Fotogramas, que o pasado ano a situou entre as 20 mellores películas de cine independente do mundo. Estamos moi contentos porque é unha película íntima, arriscada, e creemos que cumprimos os obxetivos con creces.

Pequena ou gran pantalla?

O que me de traballo... (risas) Sendo rigoroso, os proxectos máis comprometidos, por así decilo, están na gran pantalla. Dentro das similitudes que teñen, creo que prefiro a gran pantalla, aínda que hoxe en día o mundo das series gañou moito con traballos moi complexos, comprometidos, máis similares a unha película. Por outra banda, as series permiten unha maior evolución do arco do personaxe que a metraxe dunha longa, pero aínda así, a gran pantalla. 

Que é para voAlberto Rolánstede o máis complexo de ser actor?

Dar coa "tecla" adecuada. Cando te enfrentas a crear un personaxe, o complexo é chegar a facelo ben. Poder darlle os matices suficientes para que ese personaxe sexa ese e non outro. 

E o máis gratificante?

É bonito poder encarnar moitas psicoloxías humanas porque tocas partes do ser humano que están aí e os actores temos que sacalas á luz. Ademais, o recoñecemento do público, no caso do teatro, os aplausos. 

Como se presenta o 2019?

Moi ilusionante porque estamos tendo  moi boa audiencia con "Lobos e cordeiros", así que espero que se asente nos fogares galegos. Ademais, hai algún proxecto á vista do que aínda non podo falar e conto que veña cargado de traballo. No ámbito persoal, con saúde e con tempo para dedicarlle as miñas fillas e velas felices.

Te puede interesar