O orzamento da UVigo, de récord: 249 millóns

campus ourense
photo_camera campus ourense
O reitor, Manuel Reigosa, presentou o seu informe anual na reunión do venres

A xerente da UVigo, Yolanda Lesmes, presentou no Claustro deste venres o máximo orzamento da súa historia para 2024: 248,8 millóns de euros. A falta de aprobarse no vindeiro Consello de Goberno do martes, as contas da Universidade supoñen un crecemento do 9,2% respecto ás deste ano. Segundo trasladan dende a UVigo, o incremento correspóndese co novo plan de financiamento do Sistema Universitario Galego. As novas convocatorias para investigación e dos fondos europeos tamén supoñen un incremento do músculo económico da Universidade. O teito de gasto será de 180,7 millóns.

O crecemento orzamentario permite “seguir poñendo o foco nas políticas de persoal para facer fronte ao proceso de xubilación masivo que sufrirá a institución”, trasladan fontes da UVigo, que tamén sinalan “a potencia investigadora da institución”, o que supuxo captar proxectos.

O reitor, Manuel Reigosa, presentou o seu informe anual na reunión do venres. Ademais, tratouse o informe de seguimento do Plan Estratéxico e o informe sobre transparencia de 2022.

Te puede interesar