O OUFF inclúe o terceiro foro de coprodución audiovisual

O encontró busca abrir unha cable de comunicación coas empresas audiovisuais de Portugal

O terceiro Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia, organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Instituto do Cinema e do Audiovisual de Portugal (ICA) enmárcase dentro do programa de actividades paralelas do Festival de Cine Internacional de Ourense, que se celebra do 20 ao 27 de outubro. O foro bilateral, que terá lugar en Ourense o sábado 21 de outubro no Liceo ourensán, aumenta ata a treintena o número de entidades e de empresas participantes.

"Coa convocatoria anual do Encontro, a Xunta busca manter aberta unha canle de comunicación directa coas empresas audiovisuais do país veciño cara á posta en marcha de productos comúns, que favorezan así meso o intercambio de profesionais técnicos e artísticos a ambas beiras do Miño", apuntan dende a Xunta.

Seguindo a estructura de edicións anteriores, o foro desenvolverase arredor de reunións "one to one", concertas pola organización para que os responsables das compañías entren en contacto directo con potenciais socios estratéxicos cara á coprodución de novas propostas para cinema e televisión. Varias das compañías participantes no pasado encontro están xa traballando nos proxectos xurdidos a partir destas xuntanzas. 

Te puede interesar