O OUFF lanza o concurso de longametraxes da súa edición 28

OUFF. MARTIÑO PINAL
photo_camera OUFF. MARTIÑO PINAL

A sección oficial do OUFF conta con oito galardóns, e a Calpurnia á mellor película está dotada con 12.000 euros

O Ourense Film Festival (OUFF), que se celebra do 29 de setembro ao 8 de outubro, vén de lanzar o Concurso oficial de Longametraxes da súa 28ª edición, que conta con oito galardóns. A Calpurnia á mellor película está dotada con 12.000 euros.  

Tras abrir a competición de películas galegas, o OUFF publica agora as bases do Concurso Oficial de Longametraxes. O certame cinematográfico de carácter internacional e competitivo máis lonxevo de Galicia conta con oito galardóns na sección oficial de longametraxes, incluída a Calpurnia á mellor película dotada con 12.000 euros e trofeo. Ademais, concederán o premio OUFF Carlos Velo á mellor dirección, dotado con 4.000 euros, OUFF Especial do Xurado, con 3.000 euros, e OUFF á mellor interpretación e mellor guión, dotados tamén con 3.000 euros cada un deles. A mesma dotación que o Premio do Público, concedido ao filme que obteña unha maior puntuación ponderada tras os votos emitidos polos espectadores. Os galardóns paralelos serán o Premio OUFF Eduardo Barreiros á opera prima (con 3.000 euros) e o CIMA, concedido pola Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales  á mellor directora. A inscrición de longametraxes está aberta ata o 15 de xullo.

Te puede interesar