Xosé Luis Baltar presidiu a entrega dos galardons convocados polo Consello Asesor da CRTVG e da RTVE-G

O ourensán Francisco González Sarria acada o premio á mellor publicidade feita en galego

Xosé Luis Baltar entrega o premio de publicidade ao ourensán Francisco González Sarria. (Foto: Xesús Fariñas)
O Centro Cultural da Deputación acolleú a edición número 16 da entrega de Premios de Publicidade en Galego, convocados polo Consello Asesor da CRTVG e da RTVE-G, na que o presidente da Diputación, Xosé Luis Baltar, fixo a entrega do galardón a mellor spot na radio ó creativo e locutor de Onda Cero, o ourensán Francisco González Sarria, por un comercial no que se promove a gastronomía e a riqueza material de Galicia. Ademáis, na categoría de televisión foi premiada a empresa R e a axencia Oceanográfico.
Por primeira vez nos seus 17 anos de historia, os Premios de Publicidade en Galego, que organiza o Consello Asesor da CRTVG e da RTVE-G, coa colaboración das secretarias xerales de Medios e de Política Lingüística, tiveron lugar na provincia, mediante un acto no Centro Cultural da Diputación, no que participaron o presidente da Diputación, José Luis Baltar; o alcalde, Francisco Rodríguez; o vicepresidente do Parlamento, José Manuel Baltar; o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo Suárez; o presidente do Consello Asesor da CRTVG e da RTVE-G, Xosé Miguel Alonso Boó, e os directores de empresas de publicidade e anunciantes.

A esta edición dos galardóns, que teñen como principal obxectivo fomentar a creatividade e a utilización do galego nos medios de comunicación, presentáronse máis de 100 traballos. Na modalidades de radio resultou gañador o creativo e locutor de Onda Cero, o ourensán Francisco González Sarria, por un spot auditivo no que se promove a gastronomía e a riqueza material das catro provincias galegas.

González Sarria agradeceu ó xurado o seu galardón, e dirixíndose ó presidente da Deputación agradeceulle os continuos titulares que deixa na prensa e aclarou que a pesar de levar 27 anos nos medios de comunicación el seguirá no mesmo camiño, ‘aínda que non podamos asegurar o mesmo de vostede pois aínda descoñecemos si continuará ó fronte da Deputación’, aclarou o xornalista.

Na categoría de televisión a galardonada foi a compañía R e a axencia de publicidade ‘Oceanográfico’.

Trala entrega dos galardóns, neste caso catro estatuillas do artista Ramón Conde, o presidente da Deputación, Xosé Luis Baltar, agredeceu que os premios entregáranse na provincia, ‘xa que esta é terra de galegos y de galeguistas, por iso os animo a continuar coa iniciativa a favor da nosa fermosa lingua’.

Recoñecer a ‘imaxinación e a creatividade’

No acto, o alcalde, Francisco Rodríguez, mostrouse ‘satisfeito’ por estar presente ‘nuns premios que recoñecen a imaxinación e a creatividade dos xenios da comunicación e da publicidade que temos na nosa provincia’. Asimesmo, animou aos aistentes e galardoados a ‘gozar da cidade, que está chea de historia e que é especial porque deleita o espírito’ Pola súa parte, o secretario de Política Lingüística, Anxo lorenzo, recordou os primeiros anuncios en galego nos medios de comunicación, ‘nos que promocionábanse os balnearios e a maquinaria estranxeira’ e, asegurou, que ‘a porcentaxe de mensaxes publicitarias en galego creceu nos últimos anos o que demostra o interese das empresas produtoras e das compañías internacionais na nosa lingua’. Por último, Xosé Miguel Alonso Bóo asegurou que con estes premios ‘tentamos facer unha chamada ás institucións, empresarios e creativos para que aposten pola produción e emisión de anuncios en galego’.



Te puede interesar