en la provincia

Ourense conta con catro novas aldeas modelo

O Consello Reitor estivo presidido polo conselleiro de Medio Rural, José González.
photo_camera O Consello Reitor estivo presidido polo conselleiro de Medio Rural, José González.
Á localidade de Osmo, en Cenlle, sumaranse  Penedo, Muimenta, Infesta e Trabazón, en Irixo

Ourense conta con catro novas aldeas modelo ás que hai que sumar a lucense de Trascastro, en O Incio. Trátase de Penedo, en Boborás; Muimenta, en Carballeda de Avia; Infesta, en Monterrei e Trabazón, en O Irixo. O obxectivo desta declaración, aprobada polo Consello Reitor da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, será desenvolver proxectos de mobilización de terras para a posta en valor e recuperación produtiva de zonas maioritariamente abandonadas. Tamén se procura, do mesmo xeito, previr os incendios forestais nestes entornos. 

En Penedo traballaranse ao redor de 23 hectáreas para destinalas a gandaría extensiva de porcino. En Muimenta a actuación abrangue 30 hectáreas, que terán como actividade produtiva os cereais e cultivos tradicionais. En Infesta os traballos centraranse en 40,5 hectáreas, que se destinarán a gandaría extensiva. No que atinxe a Trabazón poñeranse en valor seis hectáreas para a mesma finalidade.

Te puede interesar