As Xornadas do Folclore cumpren 30 anos mantendo as tradicións que marcan a súa identidade. Como é habitual, a inauguración celebrouse no Teatro Principal cos representantes dos seis países que participan.

Ourense vólvese o epicentro do folclore mundial

O público encheu o Teatro Principal na tarde de onte. (Foto: FOTOS: MIGUEL ÁNGEL)
O ritual repítese a comezos de agosto dende hai 30 anos e, aínda así, continúa sendo unha das citas máis agardadas nas axendas estivais dos ourensáns. Dende hoxe e durante nove días, as Xornadas do Folclore percorrerán 16 puntos da xeografía provincial amosando a cultura -traducida en forma de cantos, músicas e danzas- de seis países.
Pero antes e segundo manda a tradición, foi o Teatro Principal o escenario que recibiu e saudou en primicia ós grupos participantes. Unha a unha, as bandeiras de Bielorrusia, Bolivia, Brasil, Filipinas, Serbia e Polonia foron subindo dirixidas por unha parella que lucía a vestimenta tradicional de cada zona. Xa arriba, agardábanos representantes da Deputación, a Xunta e o Teatro Principal, acompañados polo director artístico do certame, Xulio Fernández Senra.

Deste xeito comezaba a inauguración oficial das Xornadas do Folclore, un acto no que os participantes desta 30 edición pudieron aproximarse ós costumes locais coa proxección do documental 'Ourense: arte, cultura e tradicións populares', unha producción realizada polo centro de cultura popular Xaquín Lorenzo, organizador tamén do ciclo folclórico.

Xa coa base da identidade ourensá, os bailaríns dos seis países participantes gozaron coa actuación do grupo Castro Floxo, da Escola Provincial de Danza. Pechado o acto de apertura, todos cantos forman parte do certame, descansaron na residencia da Universidade Laboral para hoxe partir cada Bande e O Barco de Valdeorras coas primeiras actuacións do verán.

Te puede interesar