Outono tamén é jazz

LR- Que lles gusta o jazz, perfecto, parabéns; que non lles inspira demasiado, ou non lles vai, non pasa nada. Eso si, tanto para uns, como para os outros, a oportunidade que se nos vai presentar estes días ós ourensáns: Benny Green e John Scofield, dous músicos de jazz norteamericanos de auténtico luxo. A primeira das citas, mañá xoves, e a segunda, o vindeiro 12 de novembro; o lugar, como non, o Café Latino.

 O outono trae agradables sorpresas, algunhas, os magostos e as setas, a modo de citas gastronómicas; outras, estéticas, existe algo máis fermoso que unha posta de sol nestas datas, é moi probábel que non; tamén sonoras, e a ritmo de jazz, esa endiañada música inventada por xente de cor ateigada de fantásticos músicos de tódalas cores. Porque, si hoxe temos algo claro é que, aqueles sons marcados polo tempo, a espontaneidade e o fraseo fraguaron; aínda que para moitos, un erro en toda regra, a critiquen por repetitiva e elitista.

 O pianista Benny Green (Nova York, 1963) é un vello coñecido do público ourensán, puidémolo disfrutar en varias ocasións a dúo da man do guitarrista Russel Malone; nesta ocasión, agora en formato trío, farao con Steve Brown á batería, e Giorgos Antoniou ó contrabaixo. Benny, como a maior parte deste tipo de artistas, é un músico curtido. Alegre e festeiro, cando actúa gústalle enarborar a bandeira máis lúdica e elaborar melodías que discorren por tódolos estilos pianísticos dos que se sinte parte. Con máis dun centenar de gravacións ás costas, no seu currículo hai dous momentos estelares, do 87 ao 89, cando formou parte dos Jazz Messengers xunto a ese portento da batería chamado Art Blakey e, do 93 até o 97, nos que estivo co mítico Ray Brown, baixista que, por certo, pasou tamén polo  Café Latino (ao César o que é...).

 Ó marxe dos citados, destacan tamén as súas colaboracións con músicos da talla de Milt Jackson, Diana Krall, Bobby Watson e Freddie Hubbard. O norteamericano forma parte dese elenco de pianistas contemporáneos que saben ler moi ben ós clásicos, que, falando de jazz refírese a nomes como Coltrane o Tyner.

 John Scofield (Dayton, 1951) é unha estrela da guitarra á altura de Pat Metheny, Mike Stern, ou Bill Frisell. É a parte amábel e cálida do jazz-rock, un estilo ás veces excesivamente tecnificado, sen facer da súa música un compartimento estanco, mesturándoa con sons de funk, soul, neobop, blues, dá igual, porque o seu é puro jazz contemporáneo; a música, para quen foi capaz de ampliar a cocteleira do mesmísimo Miles Davis, non ten fronteiras. Billy Cobham, Ron Carter, Chet Baker, Joe Lovano, Met heny, Frisell... son algúns dos nomes cos que ten traballado: case nada. Á cita ourensá virá cos habituais Steve Swallow (baixo) e Bill Stewart (batería), xunto cos ’Horns This meets That’: con Phil Grenadier (trompeta), Eddie Sal kin (saxo) e Frank Vacin (saxo). Eu non faltaría, e vós? Benny Green Trío.

 18 outubro, ás 23:00 h.

 The John Scofield Trío.

 12 novembro ás 23:00 h.

 Lugar: Café Latino. Ourense

Te puede interesar