EDUCACIÓN - PROVINCIA

Os pais da Peroxa tentan lograr máis nenos no colexio

O CEIP Roberto Blanco Torres, da Peroxa.
photo_camera O CEIP Roberto Blanco Torres, da Peroxa.

Crean uns dípticos eloxiando as bondades da escola rural co obxectivo de ser un "pobo vivo"

Os pais da Peroxa lanzan unha campaña, "Nós +ti=pobo vivo", en pleno periodo de matriculación para vender as bondades do colexio público e tentar que os proxenitores aposten por el e non decidan levar aos cativos á cidade. O Concello da Peroxa deu a coñecer a iniciativa que lanzaron estes pais e anima, ao igual que asociación de nais e pais, a visitar estes días as instalacións do CEIP Roberto Blanco Torres.

O alcalde, Manuel Seoane, ten lembrado en diferentes ocasións que a recente implantación dos servizos de conciliación ía na liña de "evitar que por incompatibilidade horaria algúns pais levasen os fillos a Ourense".

A ese programa de conciliación, que se manterá de cara ao vindeiro curso, súmanse o comedor ou as saídas á piscina, entre outras medidas, segundo se recolle nuns dípticos creados pola Anpa do centro.

Entre o 1 e o 20 de marzo, ábrese o prazo de solicitude para o curso 2018/2019 e os pais parecen decididos a darlle un impulso. O horario do colexio é de 10,15 a 16,45 horas de luns a xoves, e de 10,15 a 15,15 horas os venres.

Como servizos máis salientables que están implantados atópanse o "Enrédate con nós" e "A Peroxa madruga", dous programas de conciliación familiar para as familias, o que confían que sexa un acicate.

Entre as vantaxes que resalta a Anpa recollen que "hai 0% de casos de bullying", que non é un colexio "saturado" e que hai unha "relación próxima cos mestres", á parte dunha educación "en igualdade" e personalizada". 

Te puede interesar