Ecoagro

Parada de Sil acolle un plan pioneiro de xestión de soutos

José González, Aquilino Domínguez e Mónica Bizarro, nun souto de Parada de Sil.
photo_camera José González, Aquilino Domínguez e Mónica Bizarro, nun souto de Parada de Sil.
A Xunta de Galicia investiu este ano 131.500 euros no programa piloto de recuperación dos soutos

Unha das agrupacións forestais de xestión conxunta dos soutos das primeiras en constituírse en Galicia está en Parada de Sil. A Xunta fomenta a recuperación e conservación de soutos tradicionais, así como a mellora da súa xestión mediante estas agrupacións forestais, unha figura da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.

Con tal motivo, o conselleiro do Medio Rural, José González, visitou o lugar acompañado do director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan; do alcalde, Aquilino Domínguez, da presidenta da asociación de propietarios de soutos Canón do Sil, Mónica Bizarro, e dun grupo de integrantes desta entidade.

O titular de Medio Rural puxo en valor o carácter pioneiro desta entidade e salientou que incídese na mellora destes espazos tradicionais tan representativos do bosque galego, algo para o que a Xunta puxo en marcha, precisamente, o Programa estratéxico do castiñeiro e da produción da castaña.

Este programa, lembrou González, dá cumprimento ademais aos obxectivos da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica”. Así, defínense cinco eixes de intervención cun total de 36 actuacións a levar a cabo entre o 2022 e o 2040 para contribuír á conservación e posta en valor das masas de castiñeiro.

O conselleiro salientou que este proxecto de Parada de Sil intégrase, máis concretamente, no plan piloto para o fomento, recuperación e conservación de soutos que impulsa Medio Rural e que abrangue un total de sete espazos, en distintas localizacións, incluíndo este de Parada de Sil. Así, tamén forman parte desta iniciativa outros tres soutos da provincia de Ourense, como son os de Tuxe e Cambela, no concello do Bolo; e o de Prada, no municipio da Veiga. 

En conxunto, tal e como sinalou o conselleiro, o plan piloto permitiu actuar este ano nunha superficie total de 356,38 hectáreas, grazas a un investimento por parte do Goberno autonómico de preto 131.500 euros, dos cales case 29.000 foron destinados ao souto de Parada de Sil, de 43,83 hectáreas.

Os orzamentos da Xunta de 2024 contan cunha partida de 2,4 millóns para o fomento deste tipo de agrupacións. De feito, no souto de Parada de Sil, a asociación Canón do Sil está a realizar os trámites para constituír unha entidade destas características.

Ademais, tamen se destina preto dun millón de euros ao fomento das plantacións de castiñeiro e tamén aprobáronse 10 millóns para a realización de accións silvícolas, entre outras partidas destinadas a consolidar os soutos.

Te puede interesar