Parada de Sil pon en marcha o plan Concilia

PARADA DE SIL (MIRADOR DE MEDA). 20/08/2021. OURENSE. Turistas enchen as rúas e camiños de Parada de Sil. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera PARADA DE SIL (MIRADOR DE MEDA). 20/08/2021. OURENSE. Turistas enchen as rúas e camiños de Parada de Sil. FOTO: ÓSCAR PINAL
Parada de Sil activa una nueva edición de Concilia Verán

“Na preocupación constante que ten o Concello para satisfacer as necesidades que van aparecendo a medida do aumento de postos de traballo, sobre todo vinculados directa ou indirectamente ó turismo, poñense en marcha dende o 3 de xullo dous espazos para que as familias poidan deixar os nenos”, apuntan desde o Consistorio.

Por un lado no centro de lecer de nenos e en horario de 10,00 a 18,00 horas, os cativos de cero a tres anos poderán disfrutar da compañía de outros nenos coa atención dunha titora que lles fará xogos e outras actividades de entretemento

Por outro na sala de usos múltiples do Concello os nenos de 3 a 16 anos participarán nun campamento de verán no que realizarán actividades lúdicas e de aprendizaxe como manualidades, saídas para coñecer o concello e xogos tamén o aire libre. O horario para este grupo será de 10,00 a 14,00 horas pero a partir de esa hora poderán incorporarse ó centro de nenos onde poderán xantar e continuar con actividades ata as 18,00 horas.

Te puede interesar