“Peque Amoeiro” repite como proposta de ocio durante este Nadal

Reyes Magos. Foto: Pixabay.

O Nadal chegou onte a Amoeiro co acendido da iluminación festiva no municipio. Porén, a programación navideña arrancou xa a inicios de mes cos obradoiros de coroas de Nadal para adultos e o Campionato Galego de Hockey. Para as próximas semanas, o Concello propón diversas actividades lúdicas dirixidas a pequenos e maiores, que inclúen o parque de atraccións “Peque Amoeiro” (dende o día 22 ata o día 27), a festa de final de ano (o día 31) ou o circuíto ciclista infantil (o 2 de xaneiro). 

Por outra banda, o concello recibirá durante as festas navideñas as visitas de Papá Noel e dos Reis Magos. O 23 de decembro, será o día de Papá Noel, quen recibirá aos máis pequenos do municipio no pavillón polideportivo. Pola súa parte, os tres Reis Magos estarán o día 5 de xaneiro no campo do souto, onde saludarán aos veciños de Amoeiro. Esta cita pechará a programación navideña.

Te puede interesar